María Xosé Porteiro García, nada en Madrid o 25 de maio de 1952, é unha xornalista, política e escritora galega de narrativa e ensaio. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.

Traxectoria Naceu na capital de España de pai galego e nai asturiana. Pasou a súa infancia en Cuba ata que a súa familia se instalou en Vigo. É licenciada en Publicidade.

Foi directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. Desde 1999 ata xullo de 2001, foi directora xerente da empresa pública municipal do Concello de Santiago "Información y Comunicación Local, S.A.", desde a que dirixiu a promoción da "Capitalidad cultural europea" do ano 2000. Pertenceu ao primeiro consello de administración de TVE Galicia.

Traballou na emisora de radio La Voz de Vigo e no xornal El Pueblo Gallego. Dirixiu o espazo informativo A bisbarra en Radio Popular de Vigo (1981-1985). Como periodista e escritora publica na La Voz de Galicia, El País e Tiempo. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.

Concelleira polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde (1987-1991) e (2003-2006), deputada no Parlamento de Galicia (1989-1997) e no Congreso dos Deputados (2004-2007), onde foi voceira adxunta da comisión de exteriores. Desde o 1 de outubro de 2007 ata abril de 2009 foi delegada da Xunta de Galicia na Arxentina. Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa. Desde xullo dese ano foi a directora do Museo del Ferrocarril de Madrid, posto que abandonou en 2010 para facerse cargo da dirección de Comunicación da Fundación Ferrocarriles Españoles.

En agosto do 2019 co apoio do Partido Popular e do Partido Socialista de Galicia é designada polo Parlamento galego como adxunta á Valedora do Pobo . Desde 2019 é coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega (antes Comisión de Igualdade).

Presenta autores e autoras e realiza moderación como conferenciante de coloquios literarios no Club Faro de Vigo e no Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo.

Como escritora de ficción histórica destaca Sándalo, unha novela onde a autora recolle douscentos anos de percorrido na historia colectiva.

Obra en galego Novela Covardes (2001). Vigo: Ir Indo. 190 páxs. ISBN 9788476803615. Traducida ao castelán: Cobardes (2003, Ir Indo). Sándalo (2019). Vigo: Galaxia. 400 páxs. ISBN 978-84-9151-319-3.. Traducida ao castelán: Sándalo (2020, Ed. Mar Menor, editorial do grupo Galaxia). Buscando a Clara (2019). Vigo: Ed. Elvira. Da colección Historias para coñecermos Vigo. 60 páxs. ISBN 978-8494878640. miniatura|Presentación de Tabiba en Bueu o 8 de xuño de 2023. O editor Xabier Romero, a escritora Anna R. Figueiredo, a autora do libro e o escritor Santiago Ferragud. Organizador: Libraría Miranda.Tabiba (2023). Vigo: Ed. Elvira. 144 páxs. ISBN 9788412633450. Lovers (2026). Con Alberto Avendaño. Galaxia. 172 páxs. ISBN 9788411766081.

Ensaio

As benfaladas (2024). Vigo: Galaxia, Feminismos. 288 páxs. ISBN 978-84-1176-356-1. Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela (2026). Vigo: Galaxia. 360 páxs. ISBN 978-84-1176-594-7.

Obras colectivas Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (Akal, 1981, Colección Arealonga; con Xosé Antonio Perozo). Quén é quén no Parlamento Galego (Edicións Xerais, 1981; con Xosé Antonio Perozo). Narradio: 56 historias no ar (2003). Xerais. 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura. (2016). Edita Ramón Villares Paz. Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio (2019). Hércules de Ediciones. miniatura|Con Paula Cabaleiro, presentando As ben faladas na Libraría Paz de Pontevedra, o 20 de febreiro de 2025Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.

Obra en castelán Ensaio Vine, vi y ... ¡hablé!. Las mujeres frente al discurso público (2012). Auga Editora. 162 páxs. ISBN 9788493825386.

Premios

Premio Ernestina Otero 2020 concedido na cidade de Vigo polo seu labor e traxectoria. En xullo de 2009 o Consello de Ministros de España acordou concederlle a Encomenda ao Mérito Civil pola súa aportación á política exterior española. En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña. 2024: III Premio Mundiario de Periodismo, por unanimidade do xurado en recoñecemento ao labor e compromiso na defensa da liberdade e expresión e a cultura. A Mesa do Parlamento acordou, por unanimidade, concederlles a Medalla do Parlamento de Galicia 2026 ás nove deputadas autonómicas da IV Lexislatura que hai trinta anos participaron na Conferencia Mundial da Mulller celebrada en Beijing (entre elas María Xosé Porteiro), así como á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Ligazóns externas Texto sobre Covardes na publicación Narrativa 2001, páxina 213-230. Blog de María Xosé Porteiro, Cruz del Sur María José Porteiro: Síntesis Biográfica . Ficha no Congreso dos Deputados Faladoiros Feministas: A nova misoxinia: a violencia simbólica - María Xosé Porteiro. Lugo 2018, en YouTube. Entrevistada en Praza Pública por Marcos Pérez Pena en 2020.

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1952 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Feministas da igualdade Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados na diáspora galega