San Mamede de Bonxe é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2024 tiña 240 habitantes (113 homes e 127 mulleres).
Xeografía A parroquia está bañada polo arroio dos Tollos e o punto máis alto sitúase no Cordal de Penelas (566 m). Pola parroquia pasa o regato do Cepelo, que nace e morre en Outeiro de Rei e é símbolo de humildade na poesía de Manuel María. Está atravesada pola liña de ferrocarril A Coruña - Palencia.
Na parroquia sitúase o centro penitenciario de Bonxe.
Patrimonio A parroquia é coñecida pola súa cerámica, a olaría de Bonxe, fabricada de xeito tradicional. Aparece mencionada no poema "Barro" de Manuel María, incluído na obra Terra Cha (1954).
Festas Virxe do Rosario, a finais de setembro.
Lugares e parroquias Lugares de Bonxe
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Bonxe na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede