Alfonso Vázquez Martínez, nado en Arbo o 10 de xuño de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1976, foi un historiador e publicista galego, que colaborou amplamente no Seminario de Estudos Galegos. Traxectoria miniatura|300px|O SEG en 1936: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias Iglesias, Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Jaime Vidal Rey, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá Fillo de José Vázquez Estévez. Foi profesor auxiliar de paleografía e diplomática na Universidade de Santiago de Compostela, e catedrático no Instituto Escola de Vilalba (1934-1936, sendo o seu primeiro director), e no Instituto de Ourense. Durante a súa carreira profesional compatibilizou a docencia coa investigación, centrándose sobre todo na Comarca do Medio e Baixo Miño. Colaborou coa revista Nós e noutras revistas especializadas, e publicou o ensaio La lamprea del río Miño (1962). Participou tamén no emisión galega na BBC levada a cabo durante o franquismo.
Obras Biografía de Don Mauricio Troncoso y Sotomayor. Abad de Villar de Crecente e del Couto. Guerrillero gallego de la Independencia: 1771-1817, 1941. Documentos pontificios de Galicia: 1088-1341, 1941. El abad de Valladares: D. Juan Rosendo Arias Enríquez, 1956. Cartas de Felipe II al Licenciado Antolínez: 1579-1586, 1975.
Véxase tamén
Bibliografía Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores Diccionario de escritores en lingua galega
Ligazóns externas Ficha en PARES Libros do autor na Rede de Bibliotecas de Galicia
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Programas de radio en galego na BBC Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1976