Tajik Air, coñecida como Tajikistan Airlines é a compañía aérea da República do Tadjiikistán. Ten a súa base no Aeroporto de Duxanbé e é practicamente a única compañía aérea do país, realizando traxectos nacionais e internacionais.
Historia A súa primeira ruta foi de Buxara a Duxanbé, feita por avións Junkers F.13. Tajik Air afrontou unha forte competencia de rivais no sector da aviación, o cal foi empeorando dende que dito sector da aviación de Tadjiikistán foi desregularizado en setembro de 2006. A compañía aérea tan só transportou 320.000 pasaxeiros nos primeiros nove meses de 2006, unha notable caída con respecto ao ano 2005. Para tratar de vencer o seu declibe, a compañía aérea coa axuda do Banco Europeo para a Reconstrución e Desenvolvemento (BERD-EBRD), (en inglés European Bank for Reconstruction and Development), emprende un estudo técnico para os avións Airbus A320 e Boeing 737Compañías Aéreas do Mundo, (Airliner World), febreiro de 2007..
Foi fundada o 3 de setembro de 1924.
Destinos Tajik Air realiza as seguintas rutas (segundo datos de outubro de 2007):
Asia Asia Central Kazakhstán Almaty (Aeroporto Internacional de Almaty) Quirguizia Bixquec (Aeroporto Internacional de Manas) Tadjiikistán Duxanbé (Aeroporto de Duxanbé) Hub Ghuxand (Aeroporto de Ghuxand)
Asia Oriental China Ürümqi (Aeroporto Internacional de Ürümqi Diwopu)
Asia Occidental Meridional Irán Teherán (Aeroporto Internacional Imam Ghomeini) Emiratos Árabes Unidos Xarxah (Aeroporto Internacional de Xarxah)
Europa Europa Oriental Turquía Istanbul (Aeroporto Internacional Atatürk) Rusia Moscova (Aeroporto Internacional de Domodedovo) Novosibirsk (Aeroporto de Tolmachevo) Samara (Aeroporto Internacional de Kurumoch) San Petersburgo (Aeroporto de Pulkovo) Iecaterinburgo (Aeroporto de Koltsovo)
A frota miniatura|dereita|Avión Tu-154 das Liñas Aéreas de Tadjiikistán.|250px A frota da compañía Tajik Air está formada polos seguintes avións (dende o 5 de agosto de 2008) :
3 Antonov An-24RV Coke 1 Antonov An-26 Curl 3 Antonov An-28 Cash 3 Boeing 737-200 (os cales operan con Eastok Avia) 1 Boeing 757-200 (o cal opera con VIM Airlines) 3 Tupolev Tu-134A Crusty 4 Tupolev Tu-154B2 4 Tupolev Tu-154M (un dos avións opera coa compañía Taban Air) 7 Yakovlev Yak-40 Codling
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tajik Air Tajik Air Fleet
Categoría:Aeroliñas de Tadjiikistán