O achinés, aceh, acheh ou achenés é unha lingua malaio-polinesia de Indonesia.
Distribución xeográfica O achinés fálase na zona litoral da provincia de Aceh, no norte de Sumatra
Dialectos Banda Aceh, Baruh, Bueng, Daja, Pasa, Pidie e Tunong
Escrita O achinés escribíase tradicionalmente en alfabeto árabe, pero en 1979 estableceuse un novo alfabeto de base latina.
Historia Aceh islamizouse no século VIII, e xa no ano 804 establécese o primeiro reino islámico no territorio de lingua achinesa, a islamización puxo fin á influencia do sánscrito e deulle un verniz arabizante á lingua. No século XV Aceh era o estado máis poderoso da rexión, e aínda que o malaio era a lingua que actuaba como oficial nos documentos escritos o achinés era predominante nos usos oraisLeonard Y. Andaya Leaves of the same tree: trade and ethnicity in the Straits of Melaka, University of Hawaii Press, 2008, páxina 139, pero dende 1641 a influencia achinesa comeza a declinar, en 1873 os holandeses invaden Aceh, pero non se puideron facer co control do territorio ata 1903, os xaponeses invaden o territorio en 1942, e vai ser o único lugar de Indonesia onde van atopar resistencia nativa.
Fonoloxía Vogais AnteriorCentralPosteriororalnasaloralnasaloralnasalPechadai ĩɨ ɨ̃u ũSemipechadae ɛ̃ə ʌ̃o ɔ̃SemiabertaɛʌɔAbertaaã
Consoantes
LabialAlveolarPalatalVelarGlotalNasalmnɲŋOclusivap bt dc ɟk gʔFricativasʃhAproximantewljVibranter
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en aceh Ligazóns externas Ethnologue
Categoría:Linguas de Indonesia