Santa María de Castro de Rei de Lemos é unha parroquia do concello lugués de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 576 habitantes, deles 294 eran homes e 282 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 420 habitantes segundo o INE.
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.
Patrimonio Abundan os nomes de “medorra” e “mámoa”, o que testemuña a presenza de megálitos.
O lugar de Mosteiro Vello fala dun mosteiro anterior ao mosteiro de Santa María de Castro de Rei, do século XII, do que quedan restos na igrexa, cunha ábsida románica. Dependeu de Carracedo e Montederramo. Sufriu un incendio en 1936, e foi posteriormente restaurado.
Capela das Neves de Cerxedo, con retablo maior barroco, dos séculos XVII-XVIII. Existen tamén a capela de San Roque de Feás, a capela de San Xosé e San Martiño en Paredes de Abaixo e a capela da Inmaculada.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Castro de Rei de Lemos
Parroquias de Paradela
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Paradela
Ligazóns externas Castro de Rei de Lemos na web do concello de Paradela
Categoría:Parroquias de Paradela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía