San Miguel de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 285 habitantes, deles 132 eran homes e 153 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. Segundo o INE tiña 247 habitantes en 2021.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Miguel de Paradela é un templo románico que conta cunha artística pia bautismal do século XVI – XVII. Preto da igrexa atópase un cruceiro composto por un capitel de follas e volutas e un fuste monolítico decorado con motivos da Paixón de Cristo.

Na capitalidade do concello existe un paseo que acompaña o regato Ruxidoira, que o leva ata un conxunto etnográfico formado por unha fervenza e un muíño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Paradela

Parroquias de Paradela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Paradela

Ligazóns externas San Miguel de Paradela na web do concello de Paradela

Categoría:Parroquias de Paradela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel