Flavio Morganti, nado en Como (Italia) en 1962, é un restaurador e escritor galego.

Traxectoria Comezou traballando de restaurador en Suíza a finais da década dos setenta. Alí coñeceu a súa muller, Joaquina Prado, nada en Galicia, e instaláronse en Ourense a principios dos noventa. Proseguiu no negocio da hostalería ata que en 1991 abriu o restaurante Galileo, en Santa Baia (Pereiro de Aguiar). Posteriormente ampliou a súa rede empresarial cunha pizzaría (2001) e mais con outro restaurante (o Leovinci), situado en Allariz, en 2007. O seu libro Vacas obtivo o premio Gourmand 2007 ao mellor libro de cociña en España.

Obra Vacas, 2007, con fotografía de Xurxo Lobato. Editorial Everest. Premio Gourmand 2007 ao mellor libro de cociña en España.

Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Cociñeiros de Italia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Como Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes