A Coroa de Castela foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza.
Historia Anexión de Galiza e León En 1230, Afonso VIII, rei de Galiza e León falecía. Os reinos recaían nas infantas Sancha e Aldonza, fillas do seu primeiro casamento coa súa curmá Tareixa, infanta de Portugal.
Fernando de Castela, con todo, ambicionaba obter a coroa destes dous reinos, ampliando enormemente o seu dominio. Para tal, reuníronse na cidade portuguesa de Valença as dúas mulleres de Afonso VIII, Tareixa de Portugal e Berenguela de Castela, coas infantas Sancha e Aldonza, para selaren un acordo.
Debido ás ameazas de guerra, e baixo a presión da aristocracia leonesa e castelá, Sancha e Aldonza vense forzadas a renunciar ao trono, recibindo unha renda de 30 mil marabedís. Polo Tratado das Tercerias, a unión persoal das dúas coroas recaía así na persoa do rei Fernando III, e na dos seus sucesores, pasando Castela a deter a hexemonía destes reinos.
Coa morte de Beatriz da Suabia en 1235, Fernando casou pola segunda vez en 1237 con Xoana d'Aumale, condesa de Ponthieu (1210-1279), filla de María de Belleme, señora de Ponthieu, e de Simón Dammartin, conde d'Aumale.
Os reis da Coroa de Castela (Xoana I) posuían os títulos de 'Rei de Castela, León, Navarra, Granada, Toledo, Galicia, Murcia, Xaén, Córdoba, Sevilla, os Algarves, Alxeciras e Xibraltar e das illas de Canaria e das Indias e illas e Terra Firme do mar Océano e Señor de Biscaia e Molina. O seu herdeiro portaba o título de "Príncipe de Asturias".
Unificación das Cortes
A unión dos reinos baixo un soberano, tivo como consecuencia case inmediata a unión das as Cortes de León e Castela. Articulábanse en tres "brazos" que correspondían respectivamente aos estamentos nobre, eclesiástico e cidadán e aínda que o número de cidades representadas en Cortes foi variando ao longo do tempo, foi o rei Xoán I o que fixou dun xeito definitivo as cidades concretas que terían dereito de enviar 'procuradores' ás Cortes: Burgos, Toledo, León, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, Zamora, Segovia, Ávila, Salamanca, Cuenca, Toro, Valladolid, Soria, Madrid, Guadalaxara e Granada (a partir de 1492).
Con Afonso X, a maioría das reunións de Cortes son conxuntas para todos os reinos. As Cortes de 1258 en Valladolid son "de Castiella e de Estremadura e da terra de León" e as de Sevilla en 1261 "De Castiella e de León e de todos os otros nosos Regnos". Posteriormente realizaríanse algunhas Cortes separadas, como por exemplo en 1301(Burgos para Castela, Zamora para León), pero os representantes de cidades piden que se volva á unificación:
Os representantes casteláns solicitan: "Pois eu agora estas cortes fazía aquí en Castiella apartada mente dos de Estremadura de de terra de León, que daquí adiante que non fiziese nin o tomase por fuso".Así mesmo os leoneses: "que quando oviere de facer Cortes que as faga con todos os omnes da mi terra nun en terras leonesas".
Aínda que nun principio os reinos singulares e as cidades conservaron os seus dereitos particulares (entre os cales se achaban o Foro Vello de Castela ou os diferentes foron municipais dos concellos de Castela, León, Estremadura e Andalucía), pronto se foi articulando un dereito territorial castelán en torno ás Partidas'' (c. 1265), o Ordenamento de Alcalá (1348) e as Leis de Toro (1505) que continuou vixente ata 1889, ano en que se promulga o Código Civil español.
Séculos XIV-XV: Reinado dos Trastámaras miniatura|300px|A Coroa de Castela a finais do século XV|alt= Ascenso dos Trastámaras ao trono Á morte de Afonso XI iníciase un conflito dinástico enmarcado na Guerra dos Cen Anos entre os seus fillos Pedro e Henrique. Afonso XI contraera matrimonio con María de Portugal, da que tivo o seu herdeiro, o infante Pedro. Non obstante, o rei tamén tivo con Leonor Núñez de Guzmán varios fillos naturais, entre eles o infante Henrique, conde de Trastámara, que disputaron o reino a Pedro unha vez este accedeu ao trono.
Na súa loita contra Henrique, Pedro aliouse con Eduardo, príncipe de Gales, chamado o Príncipe Negro. En 1367 o Príncipe Negro derrotou os partidarios de Henrique na Batalla de Nájera. O Príncipe Negro, vendo que o rei non cumpría as súas promesas, abandonou o reino, circunstancia que aproveito Henrique, refuxiado en Francia, para retomar a loita. Finalmente Henrique venceu en 1369 na batalla de Montiel, e deu morte a Pedro.
Xoán de Gante, irmán do Príncipe Negro e duque de Lancaster, contrae matrimonio en 1371 con Constanza, filla de Pedro. En 1388 reclama a Coroa de Castela para a súa muller, herdeira lexítima segundo as Cortes de Sevilla de 1361. Chega á Coruña cun exército, toma primeiro esa cidade e, máis tarde, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo e pide a Xoán de Trastámara, fillo de Henrique de Trastámara, que entregue a Constanza o trono.
Pero este non acepta e propón o matrimonio do seu fillo o infante Henrique con Catarina, filla de Xoán de Gante e Constanza. A proposta é aceptada e institúese o título de Príncipe de Asturias que ostentaron por primeira vez Henrique e Catarina. Isto permitiu culminar o conflito dinástico, ao afianzar a Casa de Trastámara e establecer a paz entre Inglaterra e Castela.
Relacións coa Coroa de Aragón Durante o reinado de Henrique III restáurase o poder real, desprazando a nobreza máis poderosa. Nos seus últimos anos delega parte do poder efectivo no seu irmán Fernando I de Aragón, quen sería rexente, xunto coa súa esposa Catarina de Lancaster, durante a minoría de idade do seu fillo, o príncipe Xoán.Tras o Compromiso de Caspe en 1412, o rexente Fernando abandonou Castela, pasando a ser rei de Aragón.
Á morte da súa nai, Xoán II alcanzou a maioría de idade, con 14 anos, e contraeu matrimonio coa súa prima María de Aragón. O novo rei confiou o goberno a Álvaro de Luna, a persoa máis influente na súa corte e aliado coa pequena nobreza, as cidades, o baixo clero e os xudeus. Isto trouxo as antipatías da alta nobreza castelá e dos Infantes de Aragón, o que provocou entre 1429 e 1430 a guerra entre Castela e Aragón. Álvaro de Luna gañou a guerra e expulsou os infantes.
Segundo conflito sucesorio Henrique IV intentou restablecer sen éxito a paz coa nobreza rota polo seu pai. Cando a súa segunda esposa, Xoana de Portugal, deu a luz á princesa Xoana, esta foi atribuída a unha suposta relación adúltera da raíña con Beltrán de la Cueva, un dos privados do monarca.
O rei, asediado polas revoltas e as esixencias dos nobres, tivo que asinar un tratado polo que nomeaba herdeiro ao seu irmán Alfonso, deixando a Xoana fóra da sucesión. Tras a morte deste nun accidente, Henrique IV asina coa súa medio irmá Isabel o Tratado dos Toros de Guisando, no cal a nomea herdeira a cambio de que casase co príncipe electo por Henrique.
Os Reis Católicos: Unión coa Coroa de Aragón miniatura|300px|A capitulación de Granada (Francisco Pradilla) miniatura|300px|Colón e os Reis Católicos (O retorno de Colón)
En outubro de 1469 casan en segredo, no Pazo dos Viveiro, de Valladolid, Isabel e Fernando, príncipe herdeiro de Aragón. Este enlace tivo como consecuencia a unión dinástica da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón en 1479 ao acceder Fernando á Coroa aragonesa, aínda que non se fai efectiva ata o reinado do seu neto, Carlos I. Isabel e Fernando estaban relacionados familiarmente e casaran sen a aprobación papal polo que foron excomungados. Posteriormente, Alexandre VI concederalles o título de Reis Católicos.
Debido ao matrimonio de Isabel e Fernando, o rei e medio irmán de Isabel Henrique IV considera roto o Tratado dos Toros de Guisando polo cal Isabel accedería ao trono de Castela á súa morte sempre que contase coa súa aprobación para contraer matrimonio; Henrique IV, ademais, quería aliar a Coroa castelá con Portugal ou Francia en vez de con Aragón. Por estas razóns declara herdeira ao trono a súa filla Xoana de Castela fronte a Isabel. Ao morrer Henrique IV no 1474 comeza unha guerra civil que durará ata o ano 1479 pola sucesión ao trono entre os partidarios de Isabel e os de Xoana, na que vencen os partidarios de Isabel.
Así pois, tras a vitoria de Isabel na guerra civil castelá e a ascensión ao trono de Fernando, as dúas Coroas estarán unidas baixo os mesmos monarcas, pero Castela e Aragón estarán separadas administrativamente, cada Coroa conservará a súa identidade e leis, as cortes castelás permanecerán separadas das aragonesas, a única institución común será a Inquisición. A pesar dos seus títulos de "Reis de Castela, de León, de Aragón e de Sicilia", Fernando e Isabel reinaban máis cada cal nos asuntos das súas respectivas Coroas, aínda que tamén tomaban decisións comúns. A posición central da Coroa de Castela, a súa maior extensión (tres veces o territorio aragonés) e poboación (4,3 millóns fronte aos preto de 1 millón da Coroa aragonesa) farán que tome o papel dominante na unión.
A aristocracia castelá era poderosa grazas á Reconquista (como puido comprobar Henrique IV). Os monarcas necesitan impoñerse aos nobres e o clero. No ano 1476 fúndase o 'Consello da Irmandade', que será coñecido como a Santa Irmandade. Ademais tómanse medidas contra a nobreza, destrúense castelos feudais, prohíbense as guerras privadas e redúcese o poder dos adelantados. A monarquía incorpora as ordes militares baixo o 'Consello das Ordes' no 1495, refórzase o poder real na xustiza a expensas dos feudais e a Audiencia pasa a ser corpo supremo en materia xudicial. O poder real tamén busca controlar máis ás cidades, así nas Cortes de Toledo en 1480 créanse os corrixidores para supervisar os Concellos das cidades. No aspecto relixioso refórmanse as ordes relixiosas e búscase a uniformidade. Prémese para a conversión dos xudeus e nalgúns casos son perseguidos pola Inquisición; finalmente en 1492, para aqueles non conversos decídese a súa expulsión, estimándose que entre 50.000 a 70.000 persoas deberon abandonar a Coroa de Castela. Dende o 1502 tamén se busca a conversión da poboación musulmá.
Entre 1478 e 1496 conquistanse as illas de Gran Canaria, A Palma e Tenerife. O 2 de xaneiro de 1492 os reis entran na Alhambra de Granada, co que se dá fin á Reconquista. Aparecerá a importante figura de Gonzalo Fernández de Córdoba (alcumado o Gran Capitán). En 1492 Cristovo Colón descobre as Indias occidentais e en 1497 tómase Melilla. Tras a toma do Reino de Granada para a Coroa de Castela, a política exterior xirará cara ao Mediterráneo, Castela axudará cos seus exércitos a Aragón nos seus problemas con Francia, o que culminará coa recuperación de Nápoles en 1504 para a Coroa de Aragón. Máis tarde, nese mesmo ano, falece a raíña Isabel.
Séculos XVI-XVII: Do Imperio á crise Período de rexencia Isabel excluíra o seu marido da sucesión á Coroa de Castela, a cal pasaba ás mans da súa filla Xoana (casada con Felipe de Austria, alcumado o Fermoso). Pero Isabel coñecía da enfermidade que a súa filla adoecía (pola cal era coñecida como Xoana a tola) e nomea rexente a Fernando en caso de que Xoana 'non quisiere ou pudiere entender na gobernación deles'. Na Concordia de Salamanca (1505), acórdase o goberno conxunto de Filipe, Fernando e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre o xenro (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, fan que este último renuncie ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola Concordia de Villafáfila (1506), Fernando retírase a Aragón e Filipe é proclamado rei de Castela. En 1507 morre Filipe I e Fernando o Católico volve de novo á rexencia.