260px|miniatura miniatura|Montaxe fotográfica de imaxes de satélite do Nilo (cortesía da NASA). O río Nilo (النيل en árabe) é o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países —Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Kenya, República Democrática do Congo, o Sudán do Sur, o Sudán, Exipto e Etiopía— ata desaugar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6853 km, o segundo río máis longo do mundo, tras o Amazonas.
A fonte máis afastada do lago Vitoria é o río Kagera, localizado ao oeste de Tanzania. Se se considera este como fonte do Nilo, o seu nacemento sería o curso de auga máis longo dos que desembocan no Mediterráneo, sendo o Nilo-Kagera o segundo río máis longo do mundo, cunha lonxitude de 6853 quilómetros. Durante séculos foi considerado o río máis longo do mundo;El Nilo: viaje por el río más largo del mundo, viajeaafrica.com, Consultado o 15 de setembro de 2008 con todo, medicións dos anos 2007 e 2008 redefiniron o nacemento do Amazonas na conca do río Apurímac ao sur do Perú, designándoo como o río máis longo do mundo.
O Nilo está situado ao nordeste do continente africano e tomou a súa actual configuración o final da era terciaria. O Nilo ten dous tributarios claros ou fontes principais: o Nilo Branco e o Nilo Azul dos cales o primeiro é máis longo. O primeiro atravesa os Grandes Lagos de África, tendo a súa fonte máis distante en Ruanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E), e flúe cara ao norte por Tanzania, o lago Vitoria, Uganda, o Sudán do Sur e o Sudán. O Nilo Azul, chamado Abay polos etíopes, nace ao noroeste de Etiopía en Gish Abay; ao pouco do seu nacemento abastece ao lago Tana e continúa fluíndo cara ao sueste; uns 30 quilómetros despois forma as fervenzas do Nilo Azul e continúa o seu curso nesa dirección ata que toma a dirección noroeste, para entrar no Sudán polo sueste deste país. Os dous ríos xúntanse xusto ao norte da capital sudanesa de Khartún.
A parte do norte do río flúe case completamente polo deserto, entre Sudán e Exipto, unha zona cuxa civilización dependeu do río desde hai milenios. A maior parte da poboación de Exipto e todas as súas cidades —fóra das do delta do Nilo e os oasis— atópanse ao longo do val do Nilo (ao norte de Asuán), e a maioría dos lugares de interese cultural e histórico áchanse ao longo das ribeiras do río. A desembocadura do río conforma o delta do Nilo, que desemboca no mar Mediterráneo.
Etimoloxía M17-X1:D21-G43-N35A-N36:N21*Z1 En exipcio, os xeróglifos que o nomean son "itrw", que se transliteran como iteru. A palabra Nilo provén do grego Neilos (Νειλος), que significa "val do río".
O curso do Nilo miniatura|O Nilo en Dendera, visto desde o satélite SPOT miniatura|esquerda|A cunca de drenaxe do Nilo
Cunha lonxitude total de aproximadamente 6.650 km entre a rexión do lago Vitoria e o mar Mediterráneo, o Nilo é o río máis longo do continente africano. A conca fluvial do Nilo comprende 3 254 555 quilómetros cadrados, aproximadamente o 10 % da superficie de África. EarthTrends: The Environmental Information Portal , earthtrends.wri.org, Consultado o 23 de setembro de 2008 No entanto en comparación con outros ríos importantes, o Nilo leva pouca auga (por exemplo, tan so leva o 5% da do río Congo). A conca do Nilo é complexa, e debido a isto, a descarga en calquera punto ao longo do conduto principal depende de moitos factores, incluídos o clima, os desvíos, a evaporación e a evapotranspiración, e o fluxo de auga subterránea.
Arriba de Khartún, o Nilo tamén se coñece como Nilo Branco, un termo tamén utilizado nun sentido limitado para describir a sección entre o Lago Non e Khartún. En Khartún, o Nilo Azul únese o Nilo Branco. O Nilo Branco comeza na África Oriental ecuatorial, e o Nilo Azul comeza en Etiopía. Ambas as ramas están nos flancos occidentais da Greta da África Oriental. Fontes do Nilo Aínda que habitualmente se considera que as fontes do Nilo están no Lago Vitoria o certo é que o lago é alimentado por moitos outros ríos, algúns deles dunha lonxitude e caudal considerables. A principal fonte do Nilo, o curso de auga máis distante ao Mediterráneo, é o río Kagera, un dos afluentes da parte central da beira occidental do lago, que desauga preto da cidade tanzana de Bukoba. Dúas son as fontes máis afastadas do Kagera e, polo tanto, do propio Nilo:
A agora considerada fonte do Nilo, que se orixina preto do extremo setentrional do lago Tanganica, no corazón de bosque tropical de Nyungwe, na provincia Occidental de Ruanda. Esta cabeceira do Kagera, coñecida como río Rukarara, segundo descende e vai incorporando afluentes, cambia varias veces de nome: primeiro leva o nome de Mwogo, máis logo o de Nyabarongo; ao confluír o Nyabarongo co Akanyaru dá lugar ao nacemento do río Akagera, e, augas abaixo, ao recibir este pola dereita ao río Ruvubu, dá lugar finalmente ao río Kagera. O sistema fluvial Nilo-Nilo Branco-lago Vitoria-Kagera-Alkagera-Nyabarongo-Mwogo-Rukarara ten unha lonxitude total de 6756 km. A chamada fonte sur ou meridional do Nilo, a primeira coñecida, que se orixina en Burundi e é a máis caudalosa e austral (e polo tanto máis afastada do Mediterráneo, que non a máis longa). Atópase no extremo oriental das altas montañas do sur de Burundi, aproximadamente 45 km ao leste do lago Tanganica, entre Bururi e Rutana, na fonte do río Luvyironza. O Luvyironza flúe no Ruvubu, e este no Ruvubu, que ao confluír co Akagera dá lugar finalmente ao Kagera. O sistema fluvial Nilo-Nilo Branco-lago Vitoria-Kagera-Ruvubu-Luvyironza ten unha lonxitude de 6671 km, algo máis curta que a fonte ruandesa.
Nilo Branco
O Nilo deixa o Lago Vitoria nas Cataratas Ripon, preto de Jinga, en Uganda como Nilo Vitoria. Flúe uns 500 km, atravesando o Lago Kyoga, até o Lago Alberte, onde toma o nome de Nilo Alberte. Pasa entón ao Sudán, onde se coñece como Bahr al Jebel. Na confluencia deste co Bahr el Ghazal, que ten 720 km., o río pasa a denominarse Bahr al Abyad ou Nilo Branco, por causa da arxila en suspensión que arrastra. Desde aquí diríxese a Khartún.
O termo Nilo Branco é usado tanto nun sentido xeral, referíndose ao río antes de Khartún, como nun sentido limitado: a sección entre o lago No e Khartún. Desde o lago Vitoria ata a confluencia co Nilo Azul en Khartún, é a rexión onde recibe todos os seus tributarios, excepto o Atbara, que é de corrente periódica e habitualmente denomínaselle Nilo Superior ata o lago Alberte, e a partir de aí ata Khartún, Alto Nilo.
Nilo Azul miniatura|Imaxe por satélite de onde se fusionan os Nilos Branco e Azul O Nilo Azul (Tiqur Abbay (río Abay Negro) para os etíopes; Bahr al Azraq para os sudaneses) parte desde o lago Tana nas terras altas etíopes. Percorre 1.400 km até Khartún, onde se xunta co Nilo Branco. A maior parte da auga que arrastra o Nilo (80-85%) orixínase en Etiopía, pero esta cantidade só se dá no verán, cando caen as grandes choivas na meseta etíope. O resto do ano, os grandes ríos que percorren Etiopía e desembocan no Nilo (Sobat e Atbara) levan pouca auga ou están secos.
Nilo medio miniatura|esquerda|upright|As seis cataratas. Esta zona do río esténdese desde Khartún ata Asuán. É unha rexión seca e árida que atravesa unha meseta deserta xa que non posúe outros afluentes que non sexan o río Atbarah que xúntase co Nilo a 300 Km ao norte de Khartún. Esta é outra característica infrecuente do Nilo, que o seu derradeiro tributario se lle une a medio camiño do mar. A partir deste punto, o caudal diminúe por causa da evaporación. Este tramo ten unha lonxitude aproximada de 1800 quilómetros, e caracterízase polas seis cataratas que posúe. A primeira delas atópase en Asuán, a segunda en Wadi Halfa, a terceira en Kerma, a cuarta entre Abu Hamad e Dongola, a quinta está a 45 quilómetros de Berber e a última, a sexta está a 80 quilómetros de Khartún.
O Nilo no Sudán ten dúas peculiaridades: flúe sobre seis grupos de cataratas, desde a primeira en Asuán até a sexta en Sabaloka (xusto ao norte de Khartún) e inverte a súa dirección durante boa parte do seu traxecto, dirixíndose cara ao suroeste antes de tomar dirección norte de novo. Isto chámase a "Gran Curva do Nilo". Nilo inferior
Esta zona que abarca principalmente o delta do Nilo é o territorio conformado polos fértiles depósitos aluviais do Nilo desde Asuán até desembocar no mar Mediterráneo e está composto por canles que irrigan o val e a depresión de Fayum, sendo posible navegar polo río. O delta está ao norte de Exipto e ten forma de letra grega Delta (Δ), de aí o nome dado polos antigos gregos.
É un dos deltas máis grandes do mundo, abarcando aproximadamente desde Alexandría, no oeste, a Porto Saíd, no leste, con 230 km de costa mediterránea, e até a cidade do Cairo, polo sur. É unha rexión fértil, moi apta para a agricultura e densamente poboada. No Antigo Exipto estas terras eran denominadas o Baixo Exipto.
Até a construción da presa de Asuán, estímase que o delta aumentaba de superficie unha media dun quilómetro cadrado anualmente, ou uns catro metros de lonxitude, a causa do achegue de limos. Desde épocas da primeira dinastía o delta incrementou a súa superficie un tres mil quilómetros cadrados.
Política miniatura|upright|O Nilo o seu paso por Luxor. miniatura|upright|Asuán. Lago Nasser. miniatura|upright|O Nilo en Asuán. O uso do río Nilo foi asociado coa política africana durante moitas décadas. Varios países, incluíndo Uganda, Sudán, Etiopía e Kenya queixáronse da dominación exipcia dos recursos da auga do Nilo. A «Iniciativa da conca do Nilo» foi un dos programas máis importantes para promover o seu uso por igual e a cooperación pacífica entre os estados da conca do Nilo.The Nile Basin Initiative, Nile Basin Iniciative, Consultado o 24 de setembro de 2008
O río desbordase cada verán e deposita restos fértiis sobre o chan pero hai certas zonas onde existen cataratas que crean cursos de auga máis rápidos, dificultando e impedindo a navegación en barco. Os pantanos Sudd en Sudán tamén crean un obstáculo para a navegación e para o fluxo da auga, polo cal pensouse en crear unha canle, a canle Jonglei, para evitar a auga pantanosa.
As cidades que están sobre o Nilo inclúen Khartún, Asuán, Luxor (a antiga Tebas) e O Cairo. Ao norte de Asuán é común ver unha ruta turística, con barcos de cruceiro e barcos de vela tradicionais de madeira, as falúas. Hai tamén barcos de cruceiro que fan a ruta entre Luxor e Asuán, parando nas cidades de Kom Ombo e Edfu ao longo do camiño. Máis recentemente, a seca durante os anos 1980 trouxo o fame a Etiopía e Sudán, pero Exipto salvouse grazas á auga embalsada no lago Nasser.
Ademais, a través do Nilo transpórtanse mercadorías a diferentes sitios grazas á navegación. Cos ventos setentrionais pódese remontar o curso do río a vela, e grazas á corrente é posible seguir o fluxo do río. Mentres a maior parte dos exipcios aínda viven no val do Nilo, a construción do Encoro de Asuán (o cal se terminou en 1970) permitiu dotar de hidroelectricidade á poboación, cesando as inundacións estivais e a renovación do solo fértil. Presa baixa miniatura|upright|Presa Baixa
A construción foi iniciada polos británicos en 1899 e concluíuse en 1902. O deseño inicial tiña 1900 m de longo por 54 m de alto, aínda que pronto se descubriu que era inadecuado, polo que se procedeu a aumentar a súa altura en dúas fases: de 1907 a 1912 e de 1929 a 1933. Cando a presa estivo a piques de desbordarse en 1946 decidiuse que, en lugar de aumentar a súa altura por terceira vez, se construise unha segunda presa oito quilómetros río arriba. Presa alta