Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña en 1890 e finada na mesma cidade o 26 de abril de 1971,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-4-1971, p. 4. foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.

Traxectoria En 1906 obtivo o título de Mestra Elemental na Escola Normal da Coruña. Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora.

No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918 e colaborou tamén no seu Cadro de Declamación como actriz. Foi proposta como mestra da escola feminina das Escolas de Ensino Galego creadas polas Irmandades na Coruña. Porén, non puido exercer o cargo pola falta de solicitudes e a repentina enfermidade dos seus pais. Foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jeán. Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público. En 1945 puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Fóra até que un desprendemento de retina lle impediu o exercicio da profesión.

Recoñecementos dereita|miniatura|Praza Elvira Bao Maceiras na Coruña.

O 8 de marzo de 2017 inaugurouse na Coruña unha praza co seu nomeO alcalde reivindica no Día das Mulleres "a loita contra o feminicidio para non permitir unha soa vítima máis das violencias machistas" e ao ano seguinte unha residencia universitaria."A Residencia Universitaria Elvira Bao xa é unha realidade" Deputación da Coruña.

Vida persoal miniatura|Bernardino Varela do Campo, Elvira Bao Maceiras e os fillos Elvira e Bernardino Varela Bao paseando pola Coruña. Casou con Bernardino Varela do Campo en 1923,El Progreso, 30-8-1923 agosto 30 e foi nai de Elvira e de Bernardino Varela Bao. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Depuración franquista do maxisterio Ligazóns externas Elvira Varela Bao (2013). Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Obelleiro, María (16/5/2016). "Elvira Varela, testemuña viva das Irmandades: «O que hai agora, todo o que hai, é por elas»" Sermos Galiza.

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Actores de teatro de Galicia