A illa Somerset (en inuktitut Kuganajuup Qikiqtanga), é unha das maiores illas do arquipélago ártico canadense, separada uns 2 km da península de Boothia polo estreito de Bellot, na rexión de Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut. Ten unha superficie de 24.786 km² (45ª do mundo e 12ª do Canadá por extensión). Está deshabitada.

Historia

Ao redor do ano 1000, a costa norte da illa de Somerset estaba habitada polo pobo thule, como queda demostrado polos ósos de balea, os túneles e ruínas de pedra. A finais de 1848, James Clark Ross, ao mando de dous barcos, arribou a Porto Leopoldo, na costa nordeste para pasar o inverno. En abril do ano seguinte iniciou unha exploración da illa en zorra.

En 1937, o creouse o forte comercial de Fort Ross () pola Compañía da Baía de Hudson no sueste da illa. Pero once anos máis tarde foi pechado por mor das severas condicións do xeo, que o facían antieconómico e de difícil acceso. Isto deixou a illa deshabitada. O almacén tenda e a casa do administrador aínda se usan como refuxio dos inuit de Taloyoak, que acoden a cazar caribús.

Debido ás ruínas, á vida silvestre e ao fácil acceso desde a localidade de Resolute, a costa norte da illa converteuse nun popular destino turístico.

No verán de 2006, a serie "The National" da CBC Television visitou Fort Ross no quebraxeos da Garda Costeira "CCGS Louis S. St-Laurent", nunha serie especial que se centrou no cambio climático.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Illas Árticas do Canadá

Ligazóns externas CBC.ca In Depth: Northwest Passage Somerset Island (Nunavut) in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada

Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Canadá Somerset Categoría:Illas deshabitadas