1921 (MCMXXI) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 1 de xaneiro: Nicaragua, Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación. 2 de xaneiro: O vapor Santa Isabel vai a pique fronte a Sálvora, morrendo 213 persoas. 8 de marzo: España, Eduardo Dato Iradier, presidente do Consello de Ministros asasinado por anarquistas cataláns. 24 de setembro: Constitúese en Buenos Aires a Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. miniatura|Embarque de tropas no porto de Vigo en 1921. Museo Etnolóxico de Ribadavia. Acontecementos de maior duración Holocausto helénico (1914-1922)
Nacementos 5 de xaneiro - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo. 8 de xaneiro - Leonardo Sciascia, escritor italiano. 19 de xaneiro - Patricia Highsmith, escritora estadounidense. 21 de febreiro - John Rawls, filósofo norteamericano. 28 de maio - Heinz G. Konsalik, novelista alemán. 8 de xuño - Edgar Morin, filósofo e político francés. 12 de xuño - Luis García Berlanga, director de cine español. 18 de xullo - Aaron T. Beck, psiquiatra estadounidense pai da terapia cognitiva. 29 de xullo - Chris Marker, escritor, fotógrafo e director de cine francés (n. 2012). 28 de agosto - Fernando Fernán Gómez, escritor, actor, guionista, director de cine e de teatro español. 6 de setembro - Carmen Laforet, escritora española. 12 de setembro - Stanisław Lem, escritor de ciencia ficción polaco. 26 de setembro - Cyprian Ewensi, escritor nixeriano. 22 de outubro - Georges Brassens, poeta e cantautor francés. 24 de outubro - Faustino Rey Romero, escritor galego. 1 de novembro - Ilse Aichinger, escritora austríaca. 21 de decembro - Augusto Monterroso, escritor guatemalteco. 21 de decembro - Antón Tovar, poeta galego.
Mortes 2 de xaneiro - Emilio Bobadilla, escritor e periodista cubano. 8 de xaneiro - Eduardo de Torres Taboada, avogado e político galego. 5 de maio - Alfred Fried, periodista e pacifista austríaco, premio Nobel da Paz en 1911. 12 de maio - Emilia Pardo Bazán, escritora galega en lingua castelá. 15 de maio - Francisco Tettamancy Gastón, escritor e historiador galego (n. 1854). 8 de xuño - Manuel Pardo Becerra, avogado e xornalista galego. 13 de xuño - Gabriel Lippmann, físico francés, premio Nobel de Física en 1908. 23 de xuño - Venancio Vázquez López, industrial e político galego. 7 de xullo - Eduardo Quiroga Pérez, político galego. 2 de agosto - Enrico Caruso, tenor italiano. 23 de outubro - John Boyd Dunlop, veterinario escocés que reinventou o pneumático con cámara. 16 de decembro - Camille Saint-Saëns, compositor francés. 19 de decembro - Vicente Pérez, político liberal galego. 29 de decembro - Hermann Paul, lingüista alemán (n. 1846).
Premios Nobel Física: Albert Einstein Química: Frederick Soddy Fisioloxía ou Medicina: Non concedido Literatura: Anatole France Paz: Hjalmar Branting e Christian Lange
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1921