Barato, barato é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela publicada en novembro de 1991 por Edicións do Cumio. É a segunda entrega das aventuras de Toni Barreiro.

Trama

A acción desenvólvese en Vigo. Toni Barreiro é un ex-lexionario e ex-boxeador (alcumado "O Touro do Calvario") que traballa para unha xestoría, encargándose de lograr que a xente pague débedas pendentes.

É verán, e Toni xa leva unhas semanas sen que lle encarguen choio algún. Un día coincide nun bar con Norberto, co que traballara anos atrás. Pouco despois, tras informar ó xefe de Toni de que corre perigo e pedirlle un favor, aparece morto con seis disparos.

A partir de aí, vaise desenmascarando o misterio, no que aparecen un concelleiro de urbanismo, dúas empresarias xemelgas, un coñecido escultor e outros maleantes. De novo coa axuda do seu compañeiro Elvis, resolve o tramado, no que aparece envolto o comisario Valiñas, que intentara dificultarlles a investigación.

Ó igual que en Sangue sobre a neve, faise un profundo retrato da cidade olívica. Desta volta ambientada en verán, os edificios grises e o tráfico contaminante volven ser personaxes propios xunto coa paisaxe urbana.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial

Categoría:Novela negra en galego Categoría:Obras literarias de 1991 Categoría:Novelas ambientadas en Vigo