miniatura Os nimbostratos (en nomenclatura abreviada, Ns) son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por se presentaren como unha capa de nubes gris, a miúdo escura, cun aspecto velado pola precipitación de chuvia ou neve que cae de xeito máis ou menos continuado dela. O seu espesor é grande dabondo como para ocultar o Sol completamente.

Características Son nubes medias que se forman entre 3 e 7 quilómetros de altitude. Asociados ás frontes cálidas, dan lugar a choivas ou nevaradas continuas de intensidade feble ou moderada.

Especies Non ten.

Variedades Non ten. Notas

Véxase tamén Bibliografía Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover. Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas Atlas fotográfico de nubes

Categoría:Xéneros de nubes