miniatura|240px|Ovo de Vanellus vanellus A avefría choromica, comunmente avefría,, galdaripo, tamouca, corícora ou galo da braña, Vanellus vanellus, é unha ave limícola da familia carádridos.

Taxonomía Descrición A especie foi descita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Tringa vanellus.Vanellus vanellus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 9 de setembro de 2022.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Tringa vanellus Linnaeus (protónimo) Vanellus cristatus Meyer Vanellus vulgaris Bechstein

Características É unha ave de 30 cm de lonxitude e 68 cm de envergadura.

A súa plumaxe é verde escura nas partes superiores, e branca no ventre.

As ás son arrendondadas, e a cola é curta.

É migratoria, e chega até o norte de África, o norte da India e a China.

Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén come moluscos.

Hábitat e distribución É común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.

A avefría na cultura popular galega

Eladio Rodríguez recolle para esta ave o nome de galo monteiro, polo moño de plumas que ten sobra a cabeza Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. galiña.. Outro nome baseado na mesma morfoloxía é o de galo da braña.

Constantino García recolleu en Cariño o nome de pito de neve, polo hábitat en que se desenvolve Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27.

Ameazas Esta especie sufriu descensos na súa poboación nos anos pasados ​​como resultado da intensificación do uso da terra, a drenaxe das zonas húmidas e a recollida de ovos. A intensificación do uso da terra segue sendo un problema: hoxe en día está ameazada pola redución da produtividade reprodutora como resultado da intensificación e modificación das prácticas agrícolas.del Hoyo, J., Elliott, A. & and Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7., especialmente a mellora dos pastos (por exemplo, mediante drenaxe e a aplicación de fertilizantes inorgánicos),Baldi, A., Batary, B. & Erdos, S. (2005): "Effects of grazing intensity on bird assemblages and populations of Hungarian grasslands". Agriculture Ecosystems & Environment 108: 251-263. o aumento do crecemento dos cultivos de cereais de inverno".Eggers, S.; Unell, M. & Pärt, T. (2011): "Autumn-sowing of cereals reduces breeding bird numbers in a heterogeneous agricultural landscape". Biol. Conserv. 144: 1137-1144. Importantes hábitats na área migratoria na costa do mar Báltico están ameazados pola contaminación por petróleo, a drenaxe das zonas húmidas para a rega, o abandono da terra e as prácticas cambiantes de xestión da terra, que provocan o crecemento excesivo de matogueiras.Grishanov, D. (2006): "Conservation problems of migratory waterfowl and shorebirds and their habitats in the Kaliningrad region of Russia". En: G. Boere, C. Galbraith & D. Stroud, eds. Waterbirds around the world, p. 356. Edinburgh, U.K.: The Stationary Office. A destrución do seu hábitat tamén pode ocorrer polos cultivos de primavera (utilizando maquinaria) nos campos de cultivo. A especie é susceptible de botulismo aviar, polo que pode verse ameazada por brotes futuros da enfermidade,Hubalek, Z., Skorpikova, V. & Horal, D. (2005): "Avian botulism at a sugar beet processing plant in South Moravia (Czech Republic)". Vetinarni Medicina 50 (10): 443-445. e pode sufrir a depredación dos niños por parte de depredadores nativos e introducidos (por exemplo, o ourizo europeo, Erinaceus europaeus), nalgunhas illas,<ref>Jackson, D. B. (2001): "Experimental Removal of Introduced Hedgehogs Improves Wader Nest Success in the Western Isles, Scotland". Journal of Applied Ecology 38''' (4): 802-812.</ref> córvidos, garzas, gaivotas e raposos. A especie cázase para uso comercial (para venderse como alimento) e con fins recreativos en Irán,Balmaki, B. & Barati, A. (2006): "Harvesting status of migratory waterfowl in northern Iran: a case study from Gilan Province". En: Boere, G., Galbraith, C. & Stroud, D., eds. Waterbirds around the world, pp. 868-869. Edinburgh, UK: The Stationary Office. e tamén se caza en Francia, Grecia, Italia e España.Trolliet, B. (2003): "Elements for a lapwing (Vanellus vanellus) management plan". Game and Wildlife Science 20 (1-2)): 93-144.

Estado de conservación Sospéitase que esta especie está a diminuír a súa poboación a un ritmo moderadamente rápido. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o seu status como NT (case ameazada). Se novas informacións suxiren que estes descensos están a producirse máis rápido, merecería unha revalorización; case cumpre os requisitos para cualificarse como VU (vulnerábel).BirdLife International (2017): Vanellus vanellus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 9 de setembro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds''. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.

Outros artigos Caradriformes Caradrios Carádridos

Ligazóns externas Vanellus vanellus na ADW. Vanellus vanellus (Linnaeus, 1758) na EOL.

Categoría:Carádridos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné