Posada de Valdeón é un concello español da provincia de León (Castela e León), localizado dentro do Parque Nacional dos Picos de Europa. A súa poboación é de 424 habitantes (INE 2021).

Demografía

Fonte: INE

Contexto natural Os territorios municipais atópanse incluídos no Parque Nacional dos Picos de Europa, ocupando un extenso val enclavado entre os macizos occidental e central dos mesmos. Nestes macizos podemos atopar alturas que superan os 2.500 metros (Torre Cerredo, Torre Friero, Torre Salinas, Torre Bermeja, Torre Santa...) Atravésao o río Cares de sur a norte. A última vila do val é Caín de Valdeón, onde comeza a famosa ruta do río Cares, que leva a Puente Poncebos (Asturias).

Pódense atopar especies diversas, tanto vexetais como animais tales como o acivro, a abeleira, o castiñeiro, o freixo, o loureiro, o carballo, a aguia real, o gabián eurasiático, o voitre, a pita do monte, o crebaosos, o lobo, o gato montés, o xabarín, o rebezo, o esquío vermello e a troita, entre outras.

A capital municipal está situada a 930 metros de altitude.

Localidades Caín de Valdeón Los Llanos de Valdeón Posada de Valdeón Prada de Valdeón Soto de Valdeón Cordiñanes de Valdeón Santa Marina de Valdeón Caldevilla de Valdeón

Festividades 8 de setembro - Festas patronais en honra á virxe de Corona.

Historia Antigamente este territorio formaba parte da tribo cántabra dos Vadinienses e é posible que Paio de Asturias nacese aquí, sendo moi probable que fose coroado rei na paraxe de Corona, a 5 km de Posada.

Gastronomía Queixo de Valdeón Carnes e embutidos

Véxase tamén

Outros artigos Picos de Europa Ligazóns externas Páxina do Concello de Posada de Valdeón Con abundante información turística. Páxina sobre Posada de Valdeón en Picosdeeuropa.net Con moitas fotografías do val.

Categoría:Concellos da provincia de León