Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente coas fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo ás veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolución política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e o Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado etc.

O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito"Redrawing American Cartographies of Asia" , artigo de Ella Shohat, City University of New York ."The Middle East, in whose world?" , artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies . Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utiliza especialmente en contextos de lingua árabe.Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): The Middle East: Geography and Geopolitics. Routledge. Páx. 12–13 .

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

Etimoloxía e historia do termo 350px|miniatura|O Oriente Medio tradicional e o Gran Oriente Medio concibido pola Administración Bush. miniatura|Mapa do Oriente Medio. miniatura|Mapa físico da zona. O termo «Oriente Medio» tería orixe británica, xa que é unha tradución literal do inglés "Middle East", orixinándose nos anos 1850 probablemente relacionado coa British India Office. Considérase que é un termo eurocéntrico xa que define unha rexión en virtude da súa situación con relación a Europa: a unha distancia mediana e en dirección a Oriente (entre o próximo e o afastado Oriente).

O termo fíxose amplamente coñecido cando o estratego naval estadounidense Alfred Thayer Mahan o usou en 1902 para identificar a rexión entre Arabia e a India británica. Por esa época, o Imperio británico e o Imperio ruso disputábanse a influencia en Asia Central, rivalidade que se coñeceu como o Gran Xogo. Mahan deuse conta non só da importancia estratéxica da rexión, senón tamén a do seu núcleo, o golfo Pérsico.Melman, Billie. The Cambridge Companion to Travel Writing: 6 The Middle East / Arabia , Cambridge Collections Online. Retrieved January 8, 2006.Palmer, Michael A. Guardians of the Persian Gulf: A History of America's Expanding Role in the Persian Gulf, 1833-1992. New York: The Free Press, 1992. ISBN 0-02-923843-9 p. 12-13.

Manhan etiquetou a área ao redor do golfo Pérsico como «Oriente Medio» e afirmou que, despois da canal de Suez, era o territorio máis importante para que Gran Bretaña puidese controlar o avance ruso cara á India.Laciner, Dr. Sedat. " Is There a Place Called 'the Middle East'? ", The Journal of Turkish Weekly, June 2, 2006. Retrieved January 10, 2007.

Usou o termo no seu artigo "The Persian Gulf and International Relations" («O golfo Pérsico e as relacións internacionais»), publicado en setembro de 1902 no diario británico National Review.

O artigo foi reimpreso en The Times e foi seguido en outubro por unha serie de vinte artigos titulados "The Middle Eastern Question", escritos por sir Ignatius Valentine Chirol. Neles, Chirol expandío a definición de «Oriente Medio» para incluír «aquelas rexións de Asia que se estenden ata os límites da India ou se aproximan a ela». Cara ao final da serie, en 1903, The Times eliminou as comillas ao usar o termo.Adelson, Roger (1995). London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922.. Yale University Press. ISBN 0-300-06094-7.

Nos anos 1930, os británicos estableceron como parte do seu exército o "Comando do Oriente Medio" con base no Cairo.

Ata a segunda guerra mundial, era frecuente chamar Oriente Próximo á costa leste do mar Mediterráneo mentres que o "Extremo Oriente" centrábase na China, a India e o Xapón. En 1946 fúndase en Washington, D.C. o "Instituto do Oriente Medio" como un centro cultural para asuntos árabes, turcos, hebreos, persas, afgáns e paquistanís, entre outros, gañando difusión internacional o termo "Oriente Medio".Held, Colbert C. (2000). Middle East Patterns: Places, Peoples, and Politics. Westview Press. p. 7. ISBN 0-8133-8221-1.

Oriente Próximo definiuse entón como a zona comprendida entre Mesopotamia e Birmania, é dicir, a área comprendida entre o Oriente Próximo e o Extremo Oriente. A finais da década de 1930, os británicos crearon o Mando de Oriente Medio, con sede no Cairo, para as súas forzas militares na rexión. A partir de entón, o termo «Oriente Próximo» estendeuse por Europa e Estados Unidos. Tras a II guerra mundial, por exemplo, fundouse o Instituto de Oriente Próximo en Washington, D.C. en 1946.

Aínda que apenas se utilizaron termos non eurocéntricos como "suroeste de Asia" ou "Suasia", a clasificación do país africano Exipto entre os que se contan en Oriente Medio pon en dúbida a utilidade de utilizar devanditos termos.

Crítica e ambigüidade no uso miniatura|upright|Filme estadounidense de 1957 sobre Oriente Medio. O termo Oriente Medio foi criticado polo seu eurocentrismo, polo que termos como Asia Occidental (ou suroccidental) forón gañando aceptación en moitos traballos académicos e noutras áreas.

Algunhas disciplinas académicas como a arqueoloxía e a historia antiga continúan usando o termo Oriente Próximo (ver Antigo Oriente Próximo) pero na maioría de temas imponse largamente o termo Oriente Medio. Cando termina a primeira guerra mundial e cae o Imperio Otomán (o cal estaba comunmente identificado co termo Próximo Oriente), emerxe un novo mundo islámico e comezan a usarse ambos termos indistintamente e aparece a ambigüidade entre eles.

En 1957, o goberno estadounidense fai uso oficial do termo Middle East estendéndoo tan lonxe como Paquistán por unha banda e Libia e ata Etiopía polo outro,Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4): 665–675. doi:10.2307/20029452 con todo en 1958, o departamento de Estado redefine a rexión equiparándoa ao suroeste de Asia máis Exipto e recoñecendo que os termos Near East e Middle East son intercambiables."'Near East' is Mideast, Washington Explains". The New York Times. 1958-08-14. http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F70E10FC3D59127A93C6A81783D85F4C8585F9&scp=1&sq='Near%20East'%20is%20Mideast,%20Washington%20Explains&st=cse. Retrieved 2009-01-25

En alemán Naher Osten (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación que Mittlerer Osten; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (Blizhniy Vostok) ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés: Moyen-Orient / Proche-Orient, italiano: Medio Oriente / Vicino Oriente, árabe: الشرق الأوسط Ash-sharq-l-awsat / شرق أدنى, turco: Orta Doğu / Yakın Doğu, persa: خاورمیانه Khāvarmiyāneh / خاور نزدیک, hebreo: המזרח התיכון Mizraj-Ha-Tijon / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.

Xeografía miniatura|Composición de Oriente Medio Debido a diferenzas de criterio á hora de definir a área xeográfica que comprende, esta sería a máxima interpretación de Oriente Medio:

Estados ao sur do Cáucaso Armenia, Azerbaidján Próximo Oriente (Mar Mediterráneo): Anatolia (Turquía) Chipre Siria, Líbano, Xordania Israel, Palestina (Franxa de Gaza e Cisxordania) Sinaí (Exipto) Costa do Mar Vermello Eritrea, Djibuti Arabia Saudita, Iemen Estados do Golfo Pérsico Omán, Emiratos Árabes Unidos, Bahréin, Qatar, Kuwait Iraq, Irán Relevo miniatura|esquerda|O monte Ararat miniatura|Dasht-e Kavir o gran deserto de sal do Irán O Oriente Medio ten principalmente áreas de relevo baixo, aínda que algunhas zonas de Turquía, Irán e o Iemen son moi montañosas. O Anatolia atópase entre dúas cadeas montañosas: Pontus e Taurus. O monte Ararat, en Turquía, ten unha altura de 5.165 metros, e o máis alto na rexión, o monte Damavand, nas montañas Elburz de Irán, ten unha altura de 5.610 metros. Os montes Zagros atópanse en Irán, na área da súa fronteira con Iraq. En varias rexións do Iemen as elevacións exceden os 3.700 metros, e as terras elevadas esténdense ao longo do Mar Vermello cara ao Líbano. O centro de Irán divídese en dúas concas con lagos de sal ocasionais: o norte Dasht-e Kavir (Gran deserto de sal), e ao sur Dasht-e Lut.

Ademais, hai unha falla xeolóxica ao longo do Mar Vermello, con zonas rift que crean depresións estruturais con áreas por baixo do nivel do mar. O mar Morto, situado na fronteira entre a Cisxordania, Israel e Xordania, esta 418 metros por baixo do nivel do mar, o que o converte no punto máis baixo da superficie terrestre.

Historia

miniatura|upright|Algúns henges en Göbekli Tepe erixíronse xa no 9600 a. C., máis de sete milenios antes que os de Stonehenge, Inglaterra. O xacemento da estrutura relixiosa máis antiga coñecida creada polo ser humano. alt=Todas as pirámides de Gizah|miniatura|upright|Complexo piramidal de Gizeh en Exipto. Construído durante a cuarta dinastía do Imperio antigo do antigo Exipto, entre c.2600 e c. 2500 a. C. Coñecemos a historia desta rexión sobre todo polos escritos do Antigo Testamento e dos historiadores gregos, e polas escavacións arqueoloxía que se levan facaendo desde o século XIX.

Oriente Medio atópase na confluencia de África e Eurasia e do océano Índico e o mar Mediterráneo (véxase tamén: Indo-Mediterráneo), esta zona é centro de asuntos de importancia mundial nos ámbitos estratéxico, económico, político, cultural e relixioso. É o berce e o centro espiritual de relixións como o cristianismo, o islam, o xudaísmo, o maniqueísmo, o iezidismo, o drusismo, iarsanismo e mandeísmo, e en Irán, o mitraísmo, o zoroastrismo, o maniqueísmo e a fe Bahá'í. Ao longo da súa historia, Oriente Medio foi un importante centro dos asuntos mundiais, unha zona estratéxica, económica, política, cultural e relixiosa moi sensible. A rexión é unha das zonas onde se descubriu de forma independente a agricultura, e desde Oriente Medio estendeuse, durante o Neolítico, a diferentes rexións do mundo, como Europa, o val do Indo e África Oriental. miniatura|upright|O Monte do Templo de Xerusalén miniatura|upright| O Oriente Medio tradicional e o Gran Oriente Medio concibido pola administración Bush.