Nós foi unha revista publicada en galego entre 1920 e 1936 con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.

Traxectoria Organigrama e primeiros pasos miniatura|Nós 75, 1930, "A significación profunda do galeguismo", Antón Lousada Diéguez. Nós foi impulsada e dirixida por Vicente Risco, quen procurou insistentemente colaboracións de fóra de Galiza co obxecto de lle dar unha dimensión europea. O primeiro número apareceu o 30 de outubro de 1920 en Ourense e aquí se publicarían os primeiros 15, antes de pasar a ter a administración na Coruña e Santiago, na sede da editorial Nós. O enderezo mantívose sempre no domicilio de Vicente Risco.

A revista, vinculada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega, para o que Risco designou a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como responsábel artístico.

Contidos Dous eran os ámbitos que trataba: por unha banda o descubrimento da identidade galega, introducindo liñas de investigación novas e contribuíndo á modernización metodolóxica, que afectou fundamentalmente á arqueoloxía, á etnografía, á historia e o pensamento; por outra a presentación das ideas novas que aparecían en Europa. Para tal fin, exploráronse as culturas europeas que se consideraban máis próximas da galega, como a irlandesa (Irlanda estaba constituíndose en estado independente naquela altura) e a portuguesa (en Portugal florecía a lingua galega).

Con todo, houbo unha enorme presenza doutras culturas, sobre todo centroeuropeas en consonancia cos gustos de Risco e cos epicentros culturais predominantes daquela.

Entre as novidades que a revista Nós achegou á cultura galega están as traducións de autores contemporáneos, como a tradución de anacos do Ulysses de James Joyce que fixo Otero Pedrayo, clásicos como partes de De quod nihil scitur de Francisco Sánchez, medievais como De correctione rusticorum de Martiño de Braga ou antigos como o comezo da Ora marítima de Rufo Festo Avieno.

Historia miniatura|Publicidade da época.|esquerda En xuño de 1920 celebrouse unha xuntanza en Pontevedra á que acudiron Vicente Risco, Castelao, Ramón Cabanillas e Antón Losada Diéguez para discutir a creación dunha revista monolingüe sobre a cultura galega, que deciden chamar Nós a proposta de Castelao, decidiron tamén o lugar de impresión, a imprenta de La Región en Ourense e o director literario, Risco, e artístico, Castelao. Posteriormente encargáronlle a Arturo Noguerol o financiamento, para o que constituíu unha sociedade mercantil.

En 1923 pasou a se imprimir en Pontevedra ata que despois do número 18 a ditadura de Primo de Rivera suspendeu a publicación.

O 25 de xuño de 1925 aparece de novo por iniciativa de Ánxel Casal na Coruña e coa colaboración de membros do Seminario de Estudos Galegos, ademais de colaboradores da primeira época. A partir do número 88 imprentouse en Santiago. O último número (139-144) saíu do prelo pouco antes da sublevación militar de 1936 e non se chegou a distribuír, tan só dous exemplares sobreviviron á queima da imprenta de Ánxel Casal polos sublevados.

A editorial do primeiro número da revista, titulado Primeiras verbas, dicía así:Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós". Ano I Número 1 - 30 outubro 1920 en Galiciana miniatura|Recibín estendido por Ánxel Casal en favor de Alexandre Bóveda pola subscrición deste á revista NÓS.

Colaboradores Fermín Bouza-Brey, Ánxel Fole, Manuel Lesteiro, Luís Manteiga, Ramón Otero Pedrayo, Luís Pimentel, Emilio Pita, Vicente Risco, Lois Tobío Fernández, Alfonso Vázquez Martínez, Teixeira de Pascoaes (portugués) e Phileas Lebesgue (francés).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Un século entre Nós", Grial, nº 228, 2020, tomo LVIII "A experiencia de Nós. Andar por fóra". Ramón Villares. "Nós como etiqueta na periodización literaria galega". Olivia Rodríguez González. O catálogo da editorial Nós. Libros para unha patria libre e culta". Emilio Xosé Insua. "As antinomias de Vicente Risco. Etnografía, literatura popular e política". Alex Alonso Nogueira.

Outros artigos

Grupo Nós Lar (editorial) Editorial Nós Ligazóns externas Portal revista Nós - Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.

Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:1920 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia