Alfred North Whitehead, OM, nado en Ramsgate o 15 de febreiro de 1861 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 30 de decembro de 1947, foi un matemático e filósofo inglés.

Traxectoria Publicou traballos sobre álxebra, lóxica, fundamentos das matemáticas, filosofía da ciencia, física, metafísica, epistemoloxía e educación. O traballo máis coñecido, do que é coautor con Bertrand Russell é Principia Mathematica.

Partindo dunha teoría relacionista (ou máis ben relativista) do espazo centrou a súa epistemoloxía na natureza das cousas. Porén, a partir da década de 1930 a súa obra tomou visos metafísicos. Whitehead foi profesor nas universidades de Londres e de Cambridge na que destacou polos seus estudos lóxico-matemáticos, logo nos Estados Unidos foi director da cátedra de filosofía na Universidade Harvard tendo entre os seus discípulos a Quine.

Principais obras A Treatise on Universal Algebra (1898)

Principia Mathematica (1910–1913) en coautoría con Russell The Concept of Nature (1920) Process and Reality (1929) Adventures of Ideas (1933) Modes of Thought (1938)

Categoría:Filósofos do Reino Unido Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Nados en Kent, Inglaterra Categoría:Filósofos da ciencia Categoría:Filósofos analíticos