Sant Boi de Llobregat é un municipio e cidade catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Baix Llobregat e forma parte da área metropolitana de Barcelona.
Xeografía Situado no Delta do Llobregat, limita cos municipios de Santa Coloma de Cervelló ao norte, Sant Joan Despí ao nordeste, Cornellà de Llobregat ao leste, El Prat de Llobregat polo sur, Viladecans ao suroeste, e Sant Climent de Llobregat polo oeste.
Respecto á contorna natural, o territorio é bañado polas augas do río Llobregat e, a pesar de atoparse na chaira conformada polo delta destaca a montaña de Sant Ramon (293 m) e, sobre todo, Can Cartró (338 m), onde se acha o punto máis elevado do municipio, así como a Muntanyeta (72 m), que se atopa no medio da zona urbana, aínda que mantén a súa vexetación (principalmente de piñeiros) e un monte próximo ao río, lugar no que se atopaba un castelo desde o cal os musulmáns controlaron a zona na Idade Media.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009 5.311 8.867 10.81150.05174.55079.33784.530
Barrios Barri Centre Camps Blancs Casablanca Ciutat Cooperativa-Molí Nou Marianao Vinyets-Molí Vell
Economía Actualmente, o sector económico predominante é o terciario. Aínda que ten varios polígonos industriais na A-16 e entre a A-16 e o aeroporto, o sector primario ten unha presenza medianamente relevante. O máis característico produto local son as alcachofas, que teñen denominación de orixe "Sant Boi". Tamén os polos criados na localidade entran na denominación de orixe de El Prat.
Lugares de interese Ermida de Sant Ramon Igrexa de Sant Baldiri Museo de Sant Boi Termas Romanas Praza da Generalitat
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Estatísticas de Sant Boi Información da Generalitat de Catalunya