A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.
Historia A primeira fonte documental que menciona o viño do Ribeiro é o grego Estrabón (século II a.n.e.). Tamén está documentada a exportación do viño a Roma logo da conquista imperial. No século XI os monxes beneditinos (logo cistercienses) do mosteiro de San Clodio centralizaban a produción vitivinícola da comarca, e asentaron e definiron as variedades específicasHistoria do Ribeiro Web do Consello regulador da Denominación de orixe. O abade Paio González cita no século XII os labores de reimplantación do viñedo. Tamén impulsaron a produción de viño os monxes do mosteiro de Oseira (séculos XII e XIII), que aínda que afastados xeograficamente, mantiñan baixo o seu dominio distintas terras de cultivo e priorados para a produción desta bebida.
Nos séculos XIV e XV, exportábase amplamente a Europa, aos reinos de Francia, Portugal, Inglaterra e italianos. O viño transportábase polo río Miño ata podelo embarcar. Hai constancia de que en 1592 se embarcaron no porto de Ferrol 127 pipas de ribeiro que custaron 190 reais.
A principios do século XIX e como consecuencia das guerras napoleónicas, os ingleses tiñan dificultade para mercar o viño de Bordeos, e decidiron investir na comarca. Pero o bispo de Tui prohibiu o comercio con Inglaterra por motivos relixiososRibeiro de cine (¿Pedro Almodóvar viticultor?), Soitu, 2/12/2008. A esta prohibición da exportación ao Reino Unido sumóuselle en 1850 a infección de oídio, un fungo que en pouco tempo decimou os viñedos. En 1892 chegaron novas pragas, o mildio e a filoxera, co que se produciu unha substitución das variedades autóctonas (treixadura, torrontés, godello, loureira, albariño) por variedades máis resistentes e de peor calidade, fundamentalmente a palomino.
En 1932 é recoñecido como denominación de orixe. En 1956 creouse o consello regulador e en 1963 comezou a celebrarse a Feira do viño do Ribeiro. Nos últimos anos do século XX a produción e a exportación de viño do ribeiro viviu unha revitalización.
Datos técnicos A denominación de orixe distribúese polos vales dos ríos Arnoia, Avia e Miño, co que se delimitan tres subzonas dentro da mesma denominación de orixe.
A produción de viño ocupa unhas 2 646 hectáreas e agrupa 107 adegas e colleiteiros, nas que traballan 1 725 viticultores. Os datos para 2017 eran respectivamente 2 500 ha, 115 e 5 500. A produción superou os 11 millóns de quilos de uva anuais en 2016 e 14 de media.
Tipo de uva A uva admitida dentro da denominación de orixe Ribeiro é: Uva branca: treixadura, torrontés, palomino, godello, caiño branco, loureiro, albariño, lado, albilla. Uva tinta: caíño, sousón, ferrón, mencía, brancellao, garnacha.
Tamén se produce dentro da denominación de orixe o viño tostado.
Consello regulador A denominación de orixe é a máis antiga de Galicia, e remóntase ao ano 1932, que foi considerado con rango de lei en 1933. O Consello regulador creouse en 1956 por unha orde ministerial que foi modificada xa varias veces, a última en 2009.
O presidente do consello regulador é Juan Manuel Casares.
Importancia cultural O escritor Miguel de Cervantes, nas súas Novelas ejemplares, mencionaMiguel de Cervantes, El licenciado Vidriera, Wikisource:es o viño do Ribeiro:
Refraneiro
O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro. O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro. Viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do C.R. Vídeo sobre os Colleiteiros do Ribeiro
Categoría:Viños de Galicia Categoría:Denominacións de Orixe de Galicia Categoría:Viños con denominación de orixe