Víctor Campio Pereira González, nado en Garabás (Maside) o 15 de xullo de 1928 e finado en Ourense o 24 de xullo de 2018,OBITUARIO "O ar que levou a" Víctor Campio, el poeta de Garabás foi un escritor galego.
Traxectoria Estudou no seminario de Ourense e fixo a carreira de maxisterio nesa cidade. Nesa época trabou coñecemento co grupo de escritores nucleados ao redor da revista Posío, como Xosé Conde, Antón Tovar ou Pura Vázquez, mais tamén con Faustino Rey Romero. Fixo o servizo militar en Tetuán, onde coñece a Rafael Sánchez Ferlosio, e desa experiencia sairá ao cabo dos anos a súa única novela Baixo o sol do Magreb (1998). Á volta do servizo militar, nos anos cincuenta, participa nunha tertulia no restaurante Zarampallo, en Ourense con Xosé Fernández Ferreiro, Manuel de Dios, Alfonso Pazos, Serafín Gómez Pato, Xosé Corral Díaz e Antón Tovar, cos que crea a revista Xente nova"Habería que pensar por que non hai máis poesía comprometida", El País, 6/3/2009.
Traballou como mestre en diversos lugares de Galicia e España, e posteriormente licenciouse en filoloxía hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Dedicouse inicialmente á formación do profesorado, sacou posteriormente praza en secundaria e conseguiu destino en Ourense, onde traballou ata a súa xubilación. Colaborou activamente nas actividades culturais da cidade nos últimos anos da ditadura e na democracia, e escribiu en revistas e xornais locais, e en particular en La Región. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega no 2010 e membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2011.
Obra
dereita|miniatura|Homenaxe a Víctor Campio na Insua dos Poetas.
Poesía
O ar que nos leva (1987, edición de autor). Perdida luz (2000, Follas Novas). O aire, a luz e o canto. Poesía reunida 1987-2006 (2008, PEN Clube de Galicia). Quince sonetos de amor e once poemas máis (2011, Deputación de Ourense/Xunta de Galicia).
Narrativa Baixo o sol do Magreb (1998, Deputación de Ourense).
Ensaio Escritos en do menor (2001).
Obras colectivas Sete poetas ourensáns (1992). Poesía dos aléns (2003). Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
Galardóns Accésit no premio Modesto R. Figueiredo de novela curta en 1988. Fillo predilecto do concello de Maside (2010)A Xunta súmase á homenaxe en recoñecemento dos escritores Víctor Campio e Francisco Luís Bernárdez , Web da Xunta de Galicia, 20/11/2010.. Premio Sete Carballas da Insua dos Poetas no 2012.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Maside Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en 1928