O monumento á Condesa de Pardo Bazán é un conxunto escultórico feito polo artista Lorenzo Coullaut Valera por encargo do concello coruñés na memoria da escritora Emilia Pardo Bazán. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.

Descrición O monumento, realizado nunha pedra azul procedente de Murcia, foi inaugurado tras unha procesión cívica presidida polo alcalde Manuel Casás e o primeiro tenente de alcalde Gerardo Abad Conde o 15 de outubro de 1916. Ao acto non asistiu a homenaxeada nin o autor da escultura, que estaba traballando noutra obra.

Despois de sufrir actos vandálicos, a estatua foi substituída por unha réplica de bronce en 2007, mais a escultura orixinal volveu á súa localización en novembro de 2021 durante a conmemoración do centenario do seu pasamento.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos A Coruña

Ligazóns externas

Categoría:Monumentos da Coruña Categoría:A Coruña Categoría:Emilia Pardo Bazán Categoría:Estatuas Categoría:Monumentos de Galicia