Unha especie pioneira ou oportunista é aquela especie resistente que inicia a colonización dun lugar como a primeira etapa dunha sucesión ecolóxica.
Adoitan ser seres vivos fotosintéticos, xa que son os organismos iniciais de calquera cadea trófica.
Teñen unha gran valencia ecolóxica, pois téñense que adaptar a condicións pouco favorables para a perpetuación de calquera ser vivo. Debido a esta facultade, son especies eurióicas (ou xeneralistas), son moi tolerantes ás variacións das condicións do medio, pero o número de individuos non adoita ser moi elevado.
Desenvolvemento das especies pioneiras no ecosistema Nas sucesións primarias as especies pioneiras comezan a estenderse polo chan a partir dun terreo completamente infértil, como podería ser unha rocha que aflorou á superficie ou unha illa volcánica que xurdiu no mar. En cambio, nas sucesións secundarias, as especies pioneiras comezan a estenderse nun lugar que sufriu unha perturbación que levou a unha regresión do ecosistema (por exemplo un incendio ou unha praga) pero que conserva o solo ben desenvolvido cun bo número de sementes polo que adoitan ser sucesións máis curtas cás primarias.
Exemplos de especies pioneiras Cyanobacteria Ammophila (Poaceae) Algas verdes Zostera Musgo
Categoría:Ecoloxía de comunidades Categoría:Botánica Categoría:Termos botánicos