Protocolo pode ter varios significados:
Un protocolo de actuación é un conxunto de regras escritas que indican que pasos dar nun proceso determinado. Un protocolo, que regula as normas de cortesía nas relacións interpersoais e nos actos sociais. O Protocolo criptográfico, que regula os procedementos de encriptación da información. Un protocolo médico, que regula a actuación ante unha situación de risco para a saúde dunha persoa ou colectivo. O protocolo diplomático é o conxunto de regras que gobernan a etiqueta na diplomacia e nos asuntos de estado. En informática, un protocolo é un conxunto de regras que permiten a comunicación entre dispositivos informáticos. Os protocolos dos sabios de Sión é un texto fraudulento de 1903 que pretendía describir un complot xudeu para dominar o mundo.