O termo Estrela () pode referirse a:
En astronomía unha estrela é un corpo celeste ou astro que emite luz debido ás reaccións termonucleares producidas no seu interior, o que xera altísimas temperaturas, que quentan o material (xeralmente gas) que emite radiación luminosa. Véxase Sol, estrela Polar; Unha estrela de mar (ou estrelamar ou rañacú) é un animal mariño da clase Asteroidea; No mundo do espectáculo, coñécese como estrela a unha persoa moi brillante que sobresae na súa profesión; En informática, estrela é unha topoloxía de redes de computadores; En xeometría, unha estrela é un tipo de polígono.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza A Estrela, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei.
Fóra de Galiza
No Brasil Estrela, cidade no Río Grande do Sul; Estrela d'Oeste e Estrela do Norte, municipios do São Paulo.
En Portugal Serra da Estrela, no centro de Portugal; Estrela, aldea no concello de Moura; Estrela, barrio histórico de Lisboa: Basílica da Estrela, Basílica no barrio anterior.