O radio é o óso externo do antebrazo. Trátase dun óso longo. O radio humano ten a seguinte estrutura:

Estrutura Epífise superior: contén unha cúpula, un pescozo e unha tuberosidade. A cúpula artéllase co cóndilo umeral, o pescozo está rodeado polo ligamento anular (que provén do cúbito) e na tuberosidade insírese o bíceps braquial. Diáfise: presenta tres superficies e tres bordos: Superficie anterior: insírese o flexor longo do primeiro dedo. Por debaixo atópase o burato nutricio do óso e no terzo inferior o músculo pronador cadrado. Superficie posterior: insírense o abdutor e extensor longos do primeiro dedo. Na parte máis externa áchanse as febras de inserción do músculo supinador curto. Superficie externa: insírense o músculo supinador curto e o músculo pronador redondo. Bordo interno: insírese a membrana interósea. Bordo anteroexterno e anterointerno. Epífise inferior: é dunha superficie moito maior ca da epífise superior. Presenta seis superficies: Superficie superior: continúase co resto do óso. Superficie inferior: artéllase co escafoide e co semilunar. Entre as dúas superficies articulares hai un relevo: crista radioescafolunar. Superficie anterior: insírese o pronador cadrado. Superficie posterior: consta de dúas zonas de paso: Posterior: pasan o extensor propio do índice, extensor común dos dedos e extensor longo do polgar. Posteroexterna: pasan os tendóns dos primeiro e segundo radiais externos, músculo abdutor longo do polgar e músculo extensor curto do polgar. Superficie interna: artéllase co cúbito. Superficie externa: continúase coa apófise estiloide, na que se insire o supinador longo.

Articulacións Artigo principal: Cóbado Artigo principal: Articulacións radiocubitais Co úmero, formando parte do cóbado. Co cúbito, formando as articulacións radiocubitais.

Funcións Sostén Pronación e supinación, grazas aos músculos: supinador longo, curto, bíceps braquial, pronador redondo e pronador cadrado.

Categoría:Esqueleto