SA é o álbum debut da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o mercado o 25 de marzo do ano 1999 baixo o selo Sony Music e producido por Tetsuya Komuro.

Información

Pódese dicir que o álbum completo (a excepción da voz de Ami) foi obra do recoñecido produtor Tetsuya Komuro, quen tamén é membro da banda Globe, sendo tódalas letras, composicións e arranxos obras del. O álbum logrou alcanzar vendas boas para unha artista que comeza a súa carreira – aínda que xa lanzara cinco singles promocionais-, case alcanzando o límite dos dous millóns de copias vendidas só no Xapón – mundialmente vendeu uns cantos máis, pero se descoñecen cifras exactas. Un mes despois o álbum foi relanzado nunha edición mini CD. O nome do álbum provén do propio nome de Ami (Suzuki Ami).

Os singles deste álbum, que en total foron cinco, sen dúbida axudaron enormemente a que este álbum fora un completo éxito. Todos eles – dende o seu single debut "Love the island" ata o single de dobre cara A, "Don't leave me behind/Silent Stream" -, estiveron dentro do Top 5 de vendas nas listas de Oricon, con vendas que roldaron dende as 270 mil copias ata o medio millón de copias. A única cara B anteriormente incluída nun single é "Asu, Atsuku, Motto, Tsuyoku", tema que acompañou a "Love the island". Tódolos singles tamén estiveron adheridos a promocións doutros produtos, dende cámaras fotográficas a vídeoxogos.

Lista de temas

# Título 1. Nothing Without You 2. STORIES BEHIND 3. alone in my room 4. white key 5. ANOTHER WORLD 6. love the island 7. Don’t leave me behind 8. 9. in my diary... 10. 11. PRIVATE SKY 12. all night long 13. Silent Stream 14. ...smile

Sinxelos

LanzamentoTítuloMáxima posiciónSemanasVendas1 de xullo de 1998"Love the island"#5—288,00017 de setembro de 1998"Alone in my Room"#2—353,0005 de novembro de 1998"All night long"#2—346,82016 de decembro de 1998"White key"#2—503,00017 de febreiro de 1999"Nothing Without You"#3—411,00017 de marzo de 1999"Don't leave me behind/Silent Stream"#3—273,000

Categoría:Álbums de Ami Suzuki Categoría:Álbums musicais de 1999