Os Dallas Mavericks, ás veces coñecidos sinxelamente como Mavs, son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Dallas, Texas, que xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Mavericks foron fundados en 1980, e actualmente son propiedade do empresario de Internet e multimillonario Mark Cuban, sendo o seu adestrador o ex xogador Rick Carlisle. Actualmente xogan os seus encontros coma local no American Airlines Center, tras abandonar en 2001 o Reunion Arena.
De acordo coa revista "Forbes" en 2008,NBA Team Valuations 2008NBA Team Valuations 2007 os Mavs son a sétima franquía de baloncesto máis valiosa despois de New York Knicks, Los Angeles Lakers, Chicago Bulls, Detroit Pistons, Cleveland Cavaliers, e Houston Rockets, cun valor total de 466 millóns de dólares. Con todo, no mesmo estudo do ano anterior, o equipo texano ocupaba o terceiro lugar tan só por detrás dos Knicks e Lakers. Os Mavs gañaron o campionato da NBA en 2011, sendo o seu anterior maior éxito as finais de 2006.
Historia Comezos 170px|miniatura|esquerda|Don Carter, primeiro propietario da franquía. En 1979, o empresario Don Carter e o seu socio Norm Sonju solicitaron o permiso para traer unha franquía da NBA a Dallas. O último equipo profesional de baloncesto fora Dallas Chaparrals da ABA, que se mudou a San Antonio en 1973 e converteuse en San Antonio Spurs.1979: Carter Welcomes Back Basketball To Dallas No All-Star de 1980, os propietarios da liga aprobaron admitir ao novo equipo, e os Mavericks pagaron 12 millóns de dólares para unirse á NBA na tempada 1980-81. O nome do equipo, Mavericks, púxose debido a unha comedia de televisión do Oeste chamada Maverick de 1957-1962. James Garner, que en realidade facía o papel na serie do protagonista, formou parte do grupo de propietarios da franquía.How the Mavericks Were Named O equipo de baloncesto da Universidade Texas en Arlington tamén é coñecido como Mavericks. Uníronse á División Medio Oeste da Conferencia Oeste, onde permaneceron ata que a liga foi reestruturada en seis divisións en 2004-05. Dick Motta, que guiara a Washington Bullets ao campionato en 1978, foi o primeiro adestrador dos Mavericks. Tiña gañada unha gran reputación de técnico duro e disciplinario, pero tamén era un gran coñecedor do xogo.
Kiki Vandeweghe de UCLA foi seleccionado no Draft de 1980 na 11ª posición, pero o xogador negouse a xogar cos Mavs e foi traspasado a Denver Nuggets xunto cunha primeira rolda de draft de 1986 por dúas primeiras roldas de draft que posteriormente utilizarían para seleccionar a Rolando Blackman en 1981 e a Sam Perkins en 1984. O primeiro partido da historia dos Mavericks, xogado no Reunion Arena, finalizou con derrota ante San Antonio Spurs por 103-92. O equipo comezou a tempada cun pouco prometedor 6-40, finalizando 15-67. Con todo, Dallas realizou unha fichaxe que aínda que nun primeiro momento parecese menor, co tempo converteuse nun xogador de moita importancia; o base Brad Davis, procedente da CBA. Comezando de titular en 26 encontros, liderou ao equipo en asistencias e converteuse nunha peza clave dos Mavericks, pasando alí os seguintes 12 anos e séndolle retirado o seu dorsal 15 o 14 de novembro de 1992.1980-81: A Slow Start
O Draft de 1981 trouxo a tres xogadores vitais na historia da franquía. Coa terceira posición seleccionaron ao aleiro Mark Aguirre, coa novena ao panameño Rolando Blackman e coa vixésimo cuarta a Jay Vincent.1981 NBA DRAFT Durante os 7 anos que Aguirre pasou en Dallas, fixo medias de 24,6 puntos por partido, mentres que Blackman achegou 19,2 en 11 anos. Jay Vincent fixo 21,4 na súa primeira campaña na liga, finalizando no mellor quinteto de rookies da tempada. Os Mavericks melloraron o seu balance a un 28-54, saíndo das profundidades da División Medio Oeste e terminando por encima de Utah Jazz.
Converténdose nunha potencia miniatura|O Reunion Arena foi o pavillón do equipo desde 1980 até 2001. Na tempada 1982-83, os Mavericks eran serios aspirantes a clasificarse para playoffs por primeira vez. Até a parada do All-Star, o seu balance era de 25-24, e venceran en 12 dos seus últimos 15 encontros. Non puideron aguantar ese ritmo e finalizaron sete partidos por detrás de Denver Nuggets polo sexto e último posto que daba acceso a playoffs no Oeste. A súa marca final foi de 38-44, o que significou unha mellora de 10 vitorias respecto ao ano anterior, e o feito de que un equipo de tan só tres anos na liga chegue a estar en postos de playoffs era bastante notable. Mark Aguirre liderou aos Mavericks en anotación facendo medias de 24,4 puntos por partido, sexto na NBA. Jay Vincent e Rolando Blackman contribuíron con 18,7 e 17,7 puntos por partido respectivamente. Brad Davis foi décimo en asistencias da liga con 7,2 por partido, e cun 84,5% en tiros libres, sexto. Derek Harper foi seleccionado na undécima posición do Draft de 1983. O base pasaría unha década no equipo, facendo media de 15,1 puntos e 6,1 asistencias por encontro. O traballo dos Mavs tivo a súa recompensa na tempada 1983-84, finalizando cun balance positivo por primeira vez na súa curta historia, 43-39, e segundo na súa división. Aguirre foi seleccionado para disputar o seu primeiro All-Star Game, e finalizou a campaña cunha media de 29,5 puntos por noite, segundo na liga detrás de Adrian Dantley de Utah Jazz.
Dallas finalizou no cuarto lugar da Conferencia Oeste, e a súa primeira aparición en playoffs foi exitosa, eliminando en primeira rolda a Seattle SuperSonics en cinco partidos. O último encontro da serie xogouse no Moody Coliseum no canto do Reunion Arena, xa que este estaba ocupado debido a un torneo de tenis. Na seguinte rolda, os Lakers de Magic Johnson foron demasiado para os mozos Mavs, que caeron 4-1. Pero un traspaso realizado na súa primeira tempada na liga deu resultado en 1984, debido a que recibiron a primeira rolda de draft de Cleveland Cavaliers e terminou sendo unha cuarta posición. Os Mavericks seleccionaron a Sam Perkins de North Carolina, un excelso tirador que fixo media de 14,4 puntos e 8 rebotes en seis tempadas en Dallas. Por entón, Dallas Cowboys, un dos equipos punteiros da NFL, comezou o seu lento e doloroso ocaso que viu a súa profundidade en 1989 cun pésimo 1-15. Os Mavs, con todo, vivían o seu momento máis doce e substituíron os Cowboys como o equipo máis popular e glamuroso da cidade.
A tempada 1984-85 terminou con mellor marca que a campaña pasada; 44-38. Aguirre volveu liderar ao equipo en anotación con 25,7 puntos por noite, Perkins foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada e Blackman representou aos Mavs no All-Star Game de 1985. Dallas regresou un ano máis a playoffs, pero non tivo a mesma sorte que a campaña anterior. Gañaron a Portland Trail Blazers o primeiro encontro da primeira rolda nunha dobre prórroga, pero os tres seguintes da serie foron para os Blazers, dando por finalizada a serie e o concurso dos Mavericks na postempada.1983-85: Dallas Sees Postseason For First Time
Potencia do Oeste miniatura|James Donaldson (1985–1992). Debido ao traspaso cos Cavaliers no pasado, os Mavs tiñan a oitava posición do Draft de 1985, e utilizárona para seleccionar ao alemán Detlef Schrempf, procedente da Universidade de Washington. Mostraría escintileos de brillantez nas súas tres tempadas no equipo, mais non foi até o seu traspaso a Indiana Pacers cando desenvolveu todo o seu enorme potencial. Os Mavericks tamén traspasaron ao pivote Kurt Nimphius a Los Angeles Clippers por James Donaldson, quen xogaría no equipo até mediados da tempada 1991-92.1985-86: Dallas Drafts Detlef, Deals For Donaldson Blackman volveu disputar o All-Star Game en 1986, celebrado en Dallas. Na tempada 1985-86, os Mavericks eran un equipo sumamente anotador, con medias por encima dos 115 puntos por partido. Dallas fixo a súa terceira aparición consecutiva en playoffs, e derrotou a Utah Jazz en primeira rolda. En Semifinais de Conferencia, os Lakers volvéronse a cruzar no seu camiño. Pero en catro deses encontros decidiuse por unha marxe de catro puntos ou menos de diferenza, cos Mavs gañando a metade deses partidos.
Os Mavericks elixirían no draft en 1986 ao pivote Roy Tarpley, un xogador tan talentoso como problemático. Na campaña 1986-87, o equipo realizou a mellor tempada na súa historia, cun positivo balance de 55-27, gañando o seu primeiro título de división. Pero a pesar das grandes expectativas que rodeaban ao equipo, estes derrubáronse en playoffs. Tras gañar aos Sonics o primeiro partido da primeira rolda por 22 puntos, perderon o tres seguintes e caeron eliminados. Despois do fracaso de postempada, Dick Motta, que dirixira ao equipo dende os seus inicios, deixou os Mavericks. John MacLeod, que levara a playoffs a Phoenix Suns nove veces en once anos, incluídas unhas Finais en 1976, fíxose cargo das rendas do equipo.
A tempada 1987-88 foi outro éxito para a franquía, finalizando 53-29. Mark Aguirre e James Donaldson xogaron o All-Star Game de 1988, o equipo logrou a por entón mellor serie da súa historia con 11 vitorias consecutivas, e Blackman anotou o punto 10.000 na súa carreira. Aguirre liderou por sexto ano consecutivo ao equipo en anotación, con 25.1, e Roy Tarpley gañou o Mellor Sexto Home con 13,5 puntos e 11,8 rebotes de media.NBA.com 1987-88: One Game Shy of the Finals Aqueles playoffs foron os mellores do equipo desde a súa existencia. Venceron a Houston Rockets en catro partidos e a Denver Nuggets en seis, interpóndose tan só os Lakers no seu camiño cara ás Finais en sete encontros.
A tempada 1988-89 dos Mavericks estivo prexudicada polas lesións, sancións e traspasos de dous dos mellores xogadores da franquía. Dallas comezou o curso 9-3, pero tras estes problemas comezou a baixar rapidamente. Roy Tarpley violou a política anti-drogas da liga e foi sancionado indefinidamente. A mediados de febreiro, Aguirre foi traspasado a Detroit Pistons a cambio de Adrian Dantley. Nun principio, Dantley negouse a xogar cos Mavs, resistindo durante oito días. Durante este tempo, Schremppf foi enviado a Indiana por Herb Williams. O 10 de marzo de 1989, Donaldson lesionouse para toda a tempada. Uns desanimados e desmoralizados Mavericks terminaron a tempada cun balance de 38-44, non tan negativo dado os problemas que lle axexaron durante toda a campaña. Esta foi a súa primeira tempada con máis derrotas que vitorias dende a de 1982-83.1988-90: Mavericks Miss Playoffs; Regroup
Os Mavericks regresaron aos playoffs na tempada 1989-90 cunha marca de 47-35, mais tratouse doutro caos de campaña fóra das canchas. O 15 de novembro, tras só seis encontros dos Mavs na tempada, Tarpley foi detido por conducir borracho, opoñéndose á detención. O equipo comezou 5-6 e MacLeod foi despedido, sendo substituído polo seu asistente Richie Adubato. Tras clasificarse para os playoffs tras gañar o catro últimos partidos, foron eliminados en primeira rolda polos Blazers en tres encontros. Esta sería a súa última aparición en playoffs até 2001.
Os Mavs afúndense miniatura|Brad Davis (1980-1992). O equipo tivo que afrontar numerosos cambios en 1990, perdendo a Perkins vía axente libre aos Lakers e sufrindo lesións practicamente o quinteto titular do equipo. Os xogadores que lograron fichar (Rodney McCray, Fat Lever e Alex English) estaban todos eles no crepúsculo da súa carreira. O 9 de novembro anunciouse que Lever perdíase toda a tempada por lesión, e esa mesma noite, Tarpley sufriu unha lesión no seu xeonllo que tamén acabou coa tempada para el. A partir disto, a tempada para os Mavericks comezou a empeorar, finalizando cun 28-54, o peor rexistro da liga, quedando mesmo por detrás dos equipos de segundo ano Minnesota Timberwolves e Orlando Magic. En marzo de 1991, Tarpley foi de novo detido por conducir borracho e suspendido pola NBA unha vez máis.Tarpley Arrested