Secret Combination the Album é o cuarto álbum da popular cantante greco-estadounidense Kalomoira, lanzado o mercado en Grecia e Chipre o 26 de maio do ano 2008 baixo o selo Heaven MusicMAD TV, 16 de maio, 2008.. O álbum contén 12 cancións compostas por Konstantinos Pantzis, Taos Vougiatzis e Sunny X.MAD TV, 1 de maio, 2008

Produtores e colaboradores Kalomoira colaborou con moitos produtores populares e prestixiosos. Os escritores e compositores que participaron na produción do álbum son Konstantinos Pantzis, Sunny X, Taos Vougiatzis, Poseidonas Giannopoulos, Eftihia Sideri, Marc Eastmont, Nektarios Tirakis e Master Tempo que remesturou a canción "Secret Combination".

Promoción Kalomoira lanzou o seu cuarto álbum de estudio despois de conseguir a terceira praza no Festival da Canción de Eurovisión 2008. Tiña planeado comezar unha grande promoción do álbum, pero o 2 de xuño de 2008, cando Kalomoira supostamente ía ser a invitada nun popular programa das mañás en Grecia, tivo que pospoñer a súa aparición debido a que tivo que voar a cidade de Nova York inmediatamente debido ó embarazo da súa irma. O 4 de xuño de 2008, Rythmos FM tiña preparada unha festa onde Kalomoira cantaría tódalas súas novas cancións pero tamén tivo que pospoñerse debido a que estaba fora do país.

Lista de cancións

# Título Duración 1. "Secret Combination" 3:03 2. "Sto Diko Mou Rythmo" 3:29 3. "All That I Need" 3:47 4. "Fall to You" 4:41 5. "S'Agapo" 3:14 6. "Kathe Fora" 3:41 7. "Money Ain't The Key" (feat. Lisa Lee) 4:16 8. "Iparhoun Ores" (feat. Peter_D from Master Tempo) 3:41 9. "Sto Eipa Hilies Fores" 3:07 10. "Sto Eipa Hilies Fores" 3:38 11. "Hot" 3:10 12. "Secret Combination" (Master Tempo Mix) 3:53

Notas

Categoría:Álbums de Kalomoira Categoría:Álbums musicais de 2008