Valencia - Estació del Nord ou Valencia - Terme, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valencia e un dos monumentos máis emblemáticos da súa arquitectura civil.

Localización A estación sitúase na rúa de Xàtiva, a carón da estación de metro de Xàtiva, e moi próxima ás de Bailén, Plaça d'Espanya e Alacant (está última aínda en construción).

Está previsto que o tránsito ferroviario que agora acolla se traslade á nova estación de València-Parc Central, medio quilómetro ao sur da actual, cando o TAV (Tren d'Alta Velocitat) chegue á capital valenciana en ancho internacional (1435 mm), e barállase a posibilidade que o edificio actual se converta nun espazo de lecer, cultural ou museístico. centro|500px|miniatura|Fachada da Estació del Nord

Historia Foi construída entre 1906 e 1917 aproveitando as transformacións urbanísticas da cidade a finais do século XIX para instalarse nun enorme terreo que quedara libre, xunto á praza de Touros e só a 250 m da Casa do Concello de Valencia.

O edificio, deseñado polo arquitecto Demetri Ribes, relaciónase co estilo modernista vienés denominado Sezession, e especialmente con Otto Wagner, caracterizado polas liñas rectas en contraposición ás formas sinuosas máis propias da Art Nouveau, o modernismo predominante en Francia, Bélxica, Cataluña e o resto de Valencia. Á influencia vienesa engádense, por un lado reminiscencias do gótico perpendicular inglés xunto con algunhas trazas do que máis tarde sería o racionalismo.

Arquitectura

O edificio é de planta rectangular e ten dúas zonas claramente diferenciadas: o gran hangar, de planta igualmente rectangular e pechado con estrutura de arcos articulados de aceiro laminado, e o edificio de viaxeiros propiamente dito o vestíbulo, de planta en U e piares independentes da estrutura do hangar. Na súa construción empregáronse novos materiais introducidos a finais do XIX, como a estrutura metálica en forma de marquesiña. Outra traza típica desta estación modernista é a integración de tódalas artes nunha mesma edificación: enxeñería, escultura, pintura e artes decorativas.

A fachada principal está ritmicamente desenvolvida segundo módulos dun gran esquematismo formal. De predominio horizontal, presenta tres corpos de edificación resaltados en forma de torreóns, situados nos extremos e no centro, que avanzan respecto á liña xeral da fachada e que lembran á torre da Llotja de la Seda, de escasa alzada. Os ritmos verticais nas entrepilastras dos torreóns que non chegan a desequilibrar a horizontalidade xeral. O remate do edificio queda definido por estas entrepilastras e por pináculos terminais de perfil aparentemente ameado.

miniatura|250px|Detalle da fachada da Estació del Nordminiatura|250 px|Vestíbulo da estación

En oposición á sobriedade estrutural superponse á fachada unha profusa decoración de elementos cerámicos e temas inspirados na agricultura valenciana, coma motivos vexetais, laranxas e flores de laranxeira, e inclúe as catro barras vermellas sobre fondo de ouro do escudo heráldico da cidade. Este evidencia un trazo significativo da tensión modernista entre a modernidade e a tradición, entre o local e o cosmopolita. A estes elementos de claro valor simbólico se engade a repetición de elementos emblemáticos alusivos á Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, como a estrela de cinco puntas e a aguia, símbolo da velocidade, que remata o corpo central do edificio. A decoración se completa no bloque central por dous mosaicos simetricamente colocados. Os mosaicos son obra do valenciano residente en Barcelona, Lluís Brú i SalellesLluís Permanyer. La Vanguardia 19-04-1987. Entrevista a Lluís Bru i Borrell neto de Lluís Bru i Salelles. e vanse realizar entre 1913 e 1918Lluís Brú, fragment d'un creador. Aj. d'Esplugues. ISBN 84-609-5719-5. Pàg. 92.

No interior do vestíbulo a planta baixa está exclusivamente destinada ao público, mentres que a entreplanta e primeiro andar destínanse a oficinas. Destaca a ornamentación da planta baixa, con cerámicas vidradas, trencadís e un mosaico de Josep Mongrell, pechado por restauración dende hai máis de dúas décadas. A combinación de madeira, vidro e mármore fusionan calidez, transparencia e brillo. Ten unha infinidade de elementos decorativos de cerámica, madeira, metal, vidro e outros materiais. Os zócolos de cada porta ou ventá interior do vestíbulo están feitos de madeira e nos máis altos pódese ler o lema "boa viaxe" en distintos idiomas, entro os cales non está nin o valenciano nin o francés. As súas grandes xanelas presentan unha rosetón na súa parte superior.

miniatura|150 px|centro|Detalle do Vestíbulominiatura|152 px|centro|Columna de cerámica escultórica e trencadísminiatura|135 px|centro|Reloxo do salón principal da Estació del Nord miniatura|137 px|centro|Kalon Taxidion (boa viaxe) en gregominiatura|190 px|centro|Detalle floral do Vestíbulominiatura|165 px|centro|Detalle do teito do Vestíbulo

A cuberta principal do hangar ou nave central, que cobre as vías, ten forma de arco e guías que representen as vías do tren. Así mesmo, ten unha grande apertura lonxitudinal para tal que escaparan os fumes das máquinas cando estas funcionaban a vapor.

miniatura|250 px|centro|Fachada e teito da Estació del Nordminiatura|258 px|centro|Oficina de atención ao públicominiatura|250 px|centro|Detalle da oficina de atención ao público

Servizos de transporte que atende a Estació del Nord 20px Proximidades Valencia de Renfe Procedencia/Destino < Liña > Procedencia/Destino terminal 20px|Liña 1 Proximidades Valencia Alfafar-Benetússer Gandía /Platja i Grau de Gandia 20px|Liña 2 Proximidades Valencia Moixent 20px|Liña 5 Proximidades Valencia València - Font de Sant Lluís Caudiel 20px|Liña 6 Proximidades Valencia Castelló de la Plana

Media Distancia de Renfe Procedencia/Destino < Liña > Procedencia/Destino terminal 15px|Liña 1 Rexional País Valenciano Xàtiva AlacantMurcia / Cartaxena 15px|Liña 3 Rexional País Valenciano Xàtiva AlbaceteCidade Real 15px|Liña 4 Rexional País Valenciano Xàtiva Alcoi 15px|Liña 5 Rexional País Valenciano Aldaia CuencMadrid Atocha 15px|Liña 6 Rexional País Valenciano València-Cabanyal ZaragozaHuesca 15px|Liña 7 Rexional País Valenciano València-Cabanyal TortosaBarcelona

Longa Distancia Tren < Procedencia/Destino Procedencia/Destino > Obervacións Alaris Alacant Barcelona Un tren diario en cada sentido Euromed Alacant Barcelona Arco Sevilla Barcelona Badaxoz Barcelona Málaga Barcelona Almería Barcelona Granada Barcelona Talgo Cartagena Montpellier Talgo Mare Nostrum Talgo Lorca Barcelona Murcia del Carmen Barcelona Trenhotel Málaga Barcelona Trenhotel Gibralfaro Granada Barcelona Trenhotel Gibralfaro

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en miestacion.es Información sobre a estación en adif.es Información sobre horarios, plano e tarifas de Proximidades Valencia Páxina Oficial de Renfe Operadora

Categoría:Arquitectura en Valencia Categoría:Monumentos de Valencia Categoría:Transporte en Valencia Valencia-Nord