Rubí é un municipio milenario da Provincia de Barcelona, situado na comarca do Vallès Occidental. Atópase no val de Rubí, e limita ao norte con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oest con Ullastrell, ao leste con Sant Cugat del Vallès, e ao sur con Castellbisbal.

O nome actual provén da súa denominación en latín, Rivo Rubeo, traducido por "riera vermella" en referencia á arxila que arrastraba a riera que lle deu nome.

Demografía A poboación da cidade foi crecendo desde os 3.000 habitantes que contaba en 1860 ata os 6.000 con que se estabilizou desde os anos 30 ata os anos 60, excepto a diminución producida pola guerra civil española e o posterior exilio. O crecemento de poboación nesta época baséase na inmigración procedente de Cataluña. Se a comezos dos sesenta Rubí superaba por pouco os 9.000 habitantes, nesa mesma década triplicou a súa poboación, e a finais do século XX xa excedía os 50.000. A chegada de poboación doutras cidades catalás e as ondas migratorias provenientes do norte de África e o sur e centro de América fixeron de Rubí unha cidade de máis de 70.000 habitantes (73.691 en 2006 e 73.836 en 2009).

Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009 4.400 6.623 6.953 25.46143.53258.64673.836

Economía A poboación da cidade traballa maioritariamente nos sectores servizos (47,9%), basicamente no subsector do comercio polo miúdo, e a industria (40,1%), que está concentrada nos polígonos industriais próximos á riera de Rubí, pois a industria existente dentro do núcleo urbano foise transformando en vivendas, e conta cunha taxa de paro (2006) do 6,4%, superior á media da provincia.

Os traballos agrícolas e gandeiros, que foran parte fundamental da economía da cidade ata o século XX, ocupando a finais do século XIX o 92,6% da superficie cultivable con viña, pola produción de viño e augardente actualmente son residuais, cunha crise que se iniciou en 1886 cunha praga.

Lugares de interese Castelo de Rubí Celler Cooperatiu de Rubí Igrexa de Sant Pere de Rubí Ruínas romanas de Ca n'Oriol Museo Etnográfico Vallhonrat Casas modernistas da rúa Xile Ermida de Sant Muç

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos O Pardao Ligazóns externas Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona