A estación de Sarria é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Sarria, na provincia de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 396,3 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións de Pedrelo-Céltigos e de Oural. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia O ferrocarril chegou a Sarria o 2 de agosto de 1878 coa o apertura do tramo Sarria-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Fundación de los Ferrocarriles Españoles A Compañía dos Ferrocarrís do Noroeste de España constituída en 1862 era a encargada da construción e explotación do trazado aínda que nunca chegou a construír este tramo xa que crebou.Palencia a La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Spanishrailway Esta situación fixo que a concesión da liña volvese de forma transitoria ao Estado que foi quen puxo en marcha o tramo Sarria-Lugo. Pouco despois creouse a Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Sitúase no noroeste do centro urbano de Sarria. Recentemente foi reformada no exterior. Ten dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Outras dúas vías son utilizadas como vías de servizo.

Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Sarria Categoría:Sarria