Piñoi é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Piñoi, no concello de Oza Cesuras, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 502,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións de Curtis e Cesuras. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia Cando se inaugurou o tramo A Coruña-Lugo da liña Palencia-A Coruña o 10 de outubro de 1875Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Spanishrailway, non se dispuxo de ningunha parada na zona. O apeadoiro foi construído posteriormente sen que conste a súa data exacta de apertura.

A estación As súas instalacións limítanse a un pequeno refuxio e a unha plataforma lateral á que accede a vía principal.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Pinoi Categoría:Oza Cesuras