250px|miniatura|Un puro xunto ao seu envase. Un puro ou cigarro puro é un cigarrocigarro no dicionario da RAG . consistente nun paquete firmemente enrolado de tabaco secado e fermentado, liado sen papel, nunha folla de tabaco. Acéndese por un dos extremos para poder introducir o seu fume dentro da boca do fumador a través do outro extremo.

O tabaco para puros cultívase en cantidades significativas en nacións como o Brasil, o Camerún, Cuba, a República Dominicana, Honduras, Indonesia, México, Nicaragua e os Estados Unidos.

Os puros fabricados en Cuba considéranse dunha calidade inigualable, e por iso se lles coñece habitualmente como Habanos. A reputación cubana preséntase tanto polas características únicas da rexión de Vuelta Abajo, na provincia de Pinar del Río, ao oeste da illa, onde un microclima permite o cultivo de tabaco de alta calidade; como pola habilidade dos fabricantes cubanos do puro. Porén, moitos expertos cren que as mellores colleitas de Honduras, Nicaragua e San Andrés Tuxtla, en México, rivalizan cos cubanos. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cigarro Habano Tabaco Ligazóns externas Como fumar un puro Páxina de Puros Cohiba Páxina de El Buen Habano

Categoría:Tabaco