A torre Eiffel (La Tour Eiffel en francés) é un monumento situado en París, a capital de Francia, que mide hoxe 324 metros de alto, incluída a antena de televisión no seu cumio.. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución Francesa. A torre foi inaugurada o 31 de marzo de 1889, e foi aberta ao público o 6 de maio. Situada nun extremo do Campo de Marte, é o monumento, cuxa entrada é de pago, máis visitado do mundo, con 6.893.000 visitantes no ano 2007.. Cunha altura de 300 metros, prolongada máis tarde cunha antena ata 324 metros, a torre Eiffel foi a estrutura máis elevada do mundo durante 41 anos.

Foi construída en dous anos, dous meses e cinco días, e no seu momento xerou certa controversia entre os artistas da época, que a vían como un monstro de ferro. Inicialmente utilizada para probas do exército con antenas de comunicación, hoxe serve, ademais de atractivo turístico como emisora de programas radiofónicos e televisivos.

A torre Eiffel está catalogada como monumento histórico de Francia desde o 24 de xuño de 1964, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1991, en compañía doutros monumentos parisienses.

Descricións xerais 180px|miniatura|esquerda|Vista da parte inferior da torre Eiffel por detrás dos edificios. 180px|esquerda|miniatura|Localización da torre na beira sur do río Sena, no extremo do Campo de Marte. Inicialmente tema de controversia dalgúns, a torre Eiffel serviu como presentación á Exposición Universal de París de 1889, a cal acolleu a máis de 236 millóns de visitantes desde a súa inauguración. O seu tamaño excepcional e a súa silueta inmediatamente recoñecible fixeron da torre un emblema de París.

Concibida na imaxinación de Maurice Koechlin e Émile Nouguier, xefe da oficina de estudos e xefe da oficina de métodos, respectivamente, da compañía Eiffel & Cie, foi pensada para ser o «cravo (centro de atención) da exposición de 1889 que se celebraría en París», que ademais celebraría o bicentenario da Revolución Francesa. O primeiro plano da torre foi realizado en xuño de 1884 e mellorado por Stephen Sauvestre, o arquitecto principal dos proxectos da empresa, quen lle achegou máis estética.

O 1 de maio de 1886, o Ministro de Comercio e Industria, Édouard Lockroy, entusiasta partidario do proxecto, asinou un decreto que declaraba aberto «un concurso para a Exposición Universal de 1889». Gustave Eiffel gañou este concurso económico e un convenio do 8 de xaneiro de 1887 fixou as modalidades de explotación do edificio.

Construída entre 1887 e 1889, por 250 obreiros, inaugurouse oficialmente o 31 de marzo de 1889 durante unha festa organizada para esta ocasión por Gustave Eiffel. A torre Eiffel non coñecerá verdadeiramente un éxito masivo e constante ata os anos sesenta, co desenvolvemento do turismo internacional. Agora acolle a máis de seis millóns de visitantes cada ano.

Os seus 300 metros de altura permitíronlle levar o título de «a estrutura máis alta do mundo» ata a construción en 1930 do Chrysler Building, de Nova York. Construída sobre o Campo de Marte cerca do río Sena, no 7º distrito de París, actualmente é administrada pola Sociedade para a administración da torre Eiffel (Société d'exploitation de la Tour Eiffel, SETE). O lugar, que emprega a 500 persoas (250 empregados directos do SETE e 250 dos distintos concesionarios instalados sobre o monumento), está aberto todos os días do ano.

miniatura|centro|upright=3.8|Foto panorámica de 360° de París vista desde a torre Eiffel. Datos técnicos lang=es|miniatura|Dimensións da torre Eiffel.

Dimensións principais da torre Eiffel:

Cimentos Altura da base (sobre o nivel do mar): 33,50 metros Lonxitude da diverxencia interior entre os 2 piares: 74,24 metros Lonxitude da diverxencia exterior entre os 2 piares: 124,9 metros

1.ª planta Altura da primeira planta sobre a base: 57,63 metros Altura da primeira planta sobre o nivel do mar: 91,13 metros Lado exterior (ao nivel da planta): 70,69 metros Superficie (ao nivel da planta): 4.200 m²

2.ª planta Altura da segunda planta sobre a base: 115,73 m Altura da segunda planta sobre o nivel do mar: 149,23 m Lado exterior (ao nivel da planta): 40,96 m Superficie (ao nivel da planta): 1.650 m²

3.ª planta Altura da terceira planta sobre a base: 276,13 m Altura da terceira planta sobre o nivel do mar: 309,63 m Lado exterior (ao nivel da planta): 18,65 m Superficie (ao nivel da planta): 350 m²

Alturas totais Altura total con antena no ano 2000: 324 m Altura total con antena no ano 1994: 318,7 m Altura total con antena no ano 1991: 317,96 m Altura total con antena no ano 1989: 312,27 m Altura total sen bandeira no ano 1889: 300 m

Descrición da torre por niveis

A información seguinte describe os principais datos técnicos de cada piso.

A base: center|100pxPosiciónDimensiónsConstruciónDeseñadoresMateriaisPés da torreLargo: 25 mAltura: 4 m1887Maurice KoechlinÉmile NouguierStephen SauvestreFormigónGravaAceiro A torre aséntase nun cadrado de 125 metros de lado, segundo os mesmos termos do concurso de 1886. Está situada a 33,5 metros sobre o nivel do mar.

Os cimentos: os dous piares situados ao lado da Escola militar de Francia repousan sobre unha capa de formigón de 2 metros. Esta á súa vez repousa nunha cama de grava, facendo un oco de 7 metros de profundidade. Os dous piares da parte do Sena sitúanse ata por baixo do nivel do río.

Os obreiros traballaron en pozos de cimentación metálicos nos cales se inxectaba aire comprimido (mediante o denominado método Triger). 16 bloques de cimentación sosteñen cada un dos bordos dos catro piares e algúns enormes espigos de suxeición de 78 dm de lonxitude fixan o casco en fundición de aceiro no cal repousa cada piar.

Os piares: actualmente, as casetas para a compra de boletos ocupan os piares norte e oeste; os ascensores son accesibles desde os piares leste e oeste. As escaleiras (abertas ao público ata o segundo andar, e que comprenden 1.665 chanzos ata o cume) son accesibles desde o piar leste. E finalmente, o piar meridional comprende un ascensor privado, reservado para o persoal e para os clientes do restaurante gastronómico Jules-Verne, situado no segundo andar.

Os arcos: tendidos entre cada un dos catro piares, os arcos elévanse a 39 metros sobre o chan e teñen un diámetro de 74 metros. Aínda que nos bosquexos iniciais de Stephen Sauvestre aparecían moi decorados, sono moito máis hoxe en día, pero teñen sobre todo unha función arquitectónica: endurecer a estrutura da base.

A primeira planta center|100pxPosiciónDimensiónsSuperficieConstruciónMateriais57,63 m desde o chanLargo:70,69 m4.200 m²1887ferro pudelado Situada a 57 metros sobre o chan, cunha superficie de 4.200 metros cadrados, pode soportar a presenza simultánea de aproximadamente 2.500 persoas.

Unha galería circular colocada no primeiro andar permite unha vista de 360° sobre París. Esta galería ten colocados varios mapas de orientación e prismáticos que permiten observar os monumentos parisienses. Apuntando cara ao exterior están inscritos en letras de ouro os nomes de setenta e dúas personalidades do mundo científico dos séculos XVIII e XIX. miniatura|esquerda|Primeiro nivel, vista inferior. Este primeiro andar alberga o restaurante 58 Tour Eiffel que se estende por máis de dous niveis. Ofrece, dun lado, unha vista panorámica sobre París, e do outro, unha vista cara ao interior da torre.

Tamén se poden ver algunhas reliquias relacionadas coa historia da torre Eiffel, incluíndo unha sección da escaleira de caracol que, no inicio da construción do monumento, subía ata o cume. Esta escaleira foi desmantelada en 1986, durante un importante labor de renovación da torre. Foi entón cortada en 22 seccións das cales 21 foron vendidas en poxa, e adquiridas na súa maior parte por coleccionistas estadounidenses.

Para rematar, un observatorio dos movementos do cume permite describir as oscilacións da torre baixo o efecto do vento e a dilatación térmica. Gustave Eiffel esixira que puidese soportar un rango de 70 cm de oscilación, que nunca foi o caso, aínda que de feito, durante unha onda de calor en 1976, a amplitude de oscilación foi de 18 cm, ademais de 13 cm durante unha tormenta en decembro de 1999 (cuxos ventos foron de 240 km/h). Pierre Affaticati e Simon Pierrat souberon remediar este problema de amplitude en 1982 incorporando materiais compostos á armazón. Unha das particularidades da torre é que "foxe do sol". En efecto, a calor (e xa que logo a dilatación do aceiro) ao ser máis importante do lado asollado, o cume tende a moverse lixeiramente na dirección oposta.

O segundo nivel center|100pxPosiciónDimensiónsSuperficieConstruciónMateriais115,73 m desde o soloLargo:40,96 m1 650 m²1888ferro pudelado Situado a 115 metros por encima do chan, posúe unha superficie de 1.650 metros cadrados aproximadamente. Pode soportar a presenza simultánea de ao redor de 1.600 persoas.

Considérase que é o andar que posúe a mellor vista, debido a que a altitude é óptima con relación aos edificios que se atopan abaixo (no terceiro andar, son menos visibles) e á perspectiva xeral (obviamente máis limitada no primeiro andar). Cando o clima o permite, calcúlase que é posible ver ata a 55 km ao sur, 60 ao norte, 65 ao leste e 70 ao oeste. En todo o piso instaláronse fiestras de cristal para permitir unha vista moi ampla desde arriba. Tamén están instaladas enreixados metálicos de protección para evitar calquera intento de salto ao baleiro, xa sexa un suicidio ou un logro deportivo.

O restaurante Le Jules-Verne é un renomeado restaurante gastronómico cunha capacidade de 95 comensais, cualificado cunha estrela pola famosa Guía Michelin e cunha cualificación de 16/20 segundo os críticos gastronómicos Gault-Millau. Sen cambios desde 1983, ano de apertura do restaurante, o decorado, moi sombrío, fúndese con discreción nas estruturas metálicas da torre, ademais de contar cunha gran ventá que permite ter unha bonita vista sobre París. O seu xefe, Alain Reix é axudado permanentemente por unha trintena de cociñeiros e servidores (o persoal inclúe 90 persoas en total), diariamente. Un ascensor «privado» (serve tamén ao persoal de mantemento da torre), situado no piar meridional conduce directamente a unha plataforma de 500 m², exactamente a 123 metros de altura. Nalgunhas ocasións, debido a longa distancia que a clientela do restaurante percorre, os cubertos son reservados con anterioridade.

O terceiro nivel center|100pxPosiciónDimensiónsSuperficieConstruciónAltura incluída a antena de televisión:276,13 m desde o soloLargo:18,65 m350 m²1889325 m desde o solo Situado a 275 metros sobre o chan, cunha superficie de 350 m², pode soportar a presenza simultánea de ao redor de 400 persoas.

O acceso faise obrigatoriamente por un ascensor (a escaleira está prohibida ao público a partir do segundo andar) e chégase a un espazo pechado cheo de mapas de orientación. Ao subir algunhas escaleiras, o visitante chega a unha plataforma exterior, ás veces denominada (erroneamente) «cuarto andar».