Isabel IITanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926 e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia, foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Nova Zelandia, Papúa-Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón, Tuvalu e Xamaica.

miniatura|Busto de Isabel II no anverso dun soberano

Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Primeiros anos Isabel foi a primeira filla do príncipe Alberte, duque de York (máis tarde rei Xurxo VI) e a súa esposa Isabel, duquesa de York (máis tarde raíña Isabel). O seu pai era o segundo fillo do rei Xurxo V e da raíña María, e súa nai era a filla máis nova do aristócrata escocés Claude Bowes-Lyon, XIV conde de Strathmore e Kinghorne. Isabel naceu por cesárea ás 2:40 GMT o 21 de abril de 1926 na casa londiniense do seu avó materno no número 17 de Bruton Street, Mayfair.Brandreth, p. 103; Pimlott, pp. 2-3; Lacey, pp. 75-76; Roberts, p. 74. Logo, residiu brevemente nunha vivenda adquirida polos seus pais pouco despois do seu nacemento no número 145 de Piccadilly en Londres e na residencia White Lodge en Parque Richmond. O 29 de maio de 1926, o arcebispo de York, Cosmo Lang, bautizouna baixo a relixión anglicana na capela privada do Palacio de Buckingham (destruída durante os bombardeos de Londres na segunda guerra mundial).Hoey, p. 40.Seus padriños foron o rei Xurxo V e a raíña María; o príncipe Arturo, duque de Connaught (seu tío avó paterno); a princesa María, vizcondesa Lascelles (súa tía paterna); lord Strathmore e lady Elphinstone (súa tía materna) (citado de Brandreth, p. 103; Hoey, p. 40). Foi nomeada «Isabel» en honra a súa nai, «Alexandra» pola nai de Xurxo V (súa bisavoa paterna), que falecera seis meses antes e «Mary» pola súa avoa paterna.Brandreth, p. 103 Na intimidade, era chamada «Lilibet».Pimlott, p. 12. Xurxo V apreciou moito á súa neta e durante a súa grave enfermidade en 1929, as súas visitas periódicas eleváronlle o ánimo e favorecéronlle na súa recuperación, segundo acreditaron a prensa pública e os seus biógrafos posteriores.Lacey, p. 56; Nicolson, p. 433; Pimlott, pp. 14-16.

A única irmá de Isabel foi a princesa Margarita, nacida en 1930. Ambas foron educadas na súa casa a supervisión de súa nai e Marion Crawford, a súa institutriz chamada informalmente «Crawfie».Crawford, p. 26; Pimlott, p. 20; Shawcross, p. 21. As clases concentrábanse principalmente en historia, lenguaxe, literatura e música.Brandreth, p. 124; Lacey, pp. 62-63; Pimlott, pp. 24, 69. Para consternación da familia real,Brandreth, pp. 108-110; Lacey, pp. 159-161; Pimlott, pp. 20, 163. Crawford máis tarde publicou un libro biográfico sobre os primeiros anos de Isabel e Margarita titulado The Little Princesses. O libro describe o amor de Isabel polos cabalos e os cans, a súa disciplina e a súa actitude de responsabilidade.Brandreth, pp. 108-110 Outros fixeron eco de tales observacións: Winston Churchill describiu a Isabel cando tiña dous anos como «un personaxe. Ten un aire de autoridade e reflexión sorprendentes para un neno».Brandreth, p. 105; Lacey, p. 81 y Shawcross, pp. 21-22. Súa prima Margaret Rhodes describiúna como «unha nena alegre pero, fundamentalmente, sensible e de bo comportamento».Brandreth, pp. 105-106.

Familia Xunto ao seu esposo, o duque de Edimburgo, a raíña tivo catro fillos. Ademais, o matrimonio ten oito netos e oito bisnetos.

Carlos, príncipe de Gales (nado o 14 de novembro de 1948), casou o 29 de xullo de 1981 con lady Diana Spencer (1961-1997) e divorciouse o 28 de agosto de 1996. O 9 de abril de 2005 casou novamente, nunha cerimonia civil, con Camilla Parker-Bowles. Guillerme, duque de Cambridge (nado o 21 de xuño de 1982), casou o 29 de abril de 2011 con Catarina Middleton (nada o 9 de xaneiro de 1982). Xurxo de Cambridge (nado o 22 de xullo de 2013). Carlota de Cambridge (nada o 2 de maio de 2015). Lois de Cambridge (nado o 23 de abril de 2018). Henrique de Gales (nado o 15 de setembro de 1984). Casou o 19 de maio de 2018 con Meghan de Sussex (nada o 4 de agosto de 1981). Archie Mountbatten-Windsor (nado o 6 de maio de 2019). Lilibet Mountbatten-Windsor (nada o 4 de xuño de 2021). Ana do Reino Unido (nada o 15 de agosto de 1950), casou o 14 de novembro de 1973 con Mark Phillips (nado o 22 de setembro de 1948) e divorciouse o 28 de abril de 1992. Casou logo o 12 de decembro de 1992 co vicealmirante Timothy Laurence (nado o 1 de marzo de 1955). Peter Phillips (nado o 15 de novembro de 1977), casou o 17 de maio de 2008 con Autumn Patricia Kelly (nada o 3 de maio de 1978). Savannah Phillips (nada o 29 de decembro de 2010). Isla Phillips (nada o 29 de marzo de 2012) Zara Phillips (nada o 15 de maio de 1981). Casou o 30 de xullo de 2011 con Mike Tindall (nado o 18 de outubro de 1978). Mia Tindall (nada o 17 de xaneiro de 2014). Lena Tindall (nada o 18 de xuño de 2018). Lucas Tindall (nado o 21 de marzo de 2021). Príncipe André, duque de York, (nado o 19 de febreiro de 1960), casou o 23 de xullo de 1986 con Sarah Ferguson (nada o 15 de outubro de 1959) e divorciouse o 30 de maio de 1996. Princesa Beatriz de York (nada o 8 de agosto de 1988). Casou con Edoardo Mapelli Mozzi o 17 de xullo de 2020 (nado o 19 de novembro de 1983). Sienna Mapelli Mozzi (nada o 18 de setembro de 2021). Princesa Uxía de York (nada o 23 de marzo de 1990). Casou con Jack Brooksbank o 12 de outubro de 2018 (nado o 3 de maio de 1986). August Brooksbank (nado o 9 de febreiro de 2021). Príncipe Eduardo de Wessex, (nado o 10 de marzo de 1964), casou o 19 de xuño de 1999 con Sofía Rhys-Jones (nada o 20 de xaneiro de 1965). Luísa Mountbatten-Windsor (nada o 8 de novembro de 2003). Xaime Mountbatten-Windsor (nado o 17 de decembro de 2007).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Familia real británica

Categoría:Reis do Reino Unido Categoría:Familia real británica Categoría:Nados en Westminster Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2022