Este artigo trata sobre unha caste romana, para o nome véxase Patricio (nome).
Na Roma Antiga, a clase social dos patricios,Atance Rojo, José María (2014): Patricios y plebeyos. Barcelona: Editorial La Plana. ISBN 978-84-1533-619-8. Consultado o 1 de maio de 2017. (do latín patricii; singular, patricius) estaba composta polos descendentes das trinta curias primitivas.
O nome vén de pater (pai), en referencia aos fundadores, é dicir, aos primeiros pais de Roma.
Historia Eran os senadores por excelencia e formaban parte da nobreza primixenia de Roma, chamada a nobreza de sangue e ilustrii ou nobiles patritii e, por substrato cultural, a de toda Europa.
En torno ao emperador e aos senadores patricios desenvolvíase toda a sociedade, cultura e civilización romana que culminaría no imperio Romano.
As ramas patricias dos Valerios, Fabios, Cornelios, Claudios, Emilios e Manlios formaban unha aristocracia dentro do patriciado coñecida como gentes maiores.
Eran os descendentes das familias máis antigas da cidade. Constituían a clase aristocrática e formaban o verdadeiro pobo romano.
Eran considerados superiores ao resto dos habitantes, gozaban de todos os dereitos, posuían terras e estaban chamados a formar parte do exército romano, a lexión.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Syme, R. (2010): La revolución romana. Crítica. ISBN 978-8-4989-2144-1.
Outros artigos Monarquía romana
Ligazóns externas Artigo da sobre a gastronomía dos patricios na BBC . Hanks, Patrick & Flavia Hodges (1996): Oxford Dictionary of First Names. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-1928-0050-7. Luchas sociales en la antigua Roma .
Categoría:Clases sociais Categoría:Títulos da Roma Antiga Categoría:Ocupacións da Roma Antiga