miniatura|dereita|Variedade Rosa Porriño. Rosa Porriño é a denominación comercial dunha variedade de granito que se explota en Galicia. Presenta un ton rosado, é moi compacta e de fractura irregular. Polas súas características extráese en frontes de gran lonxitude, podéndose obter bloques de gran volume. Admite todo tipo de acabados, podéndose aplicar en ambientes tanto interiores coma exteriores.
Como nome comercial, non pode ser empregado para vender outros produtos similares. Por esta razón, e debido á sona que acadou este granito, na China rexistrouse o nome China Porriño para outra pedra natural rosada."En Asia inventa el granito China Porriño" (28/9/2017). La Voz de Galicia .
Extracción miniatura|dereita|Canteira de granito Rosa Porriño en Atios (O Porriño). Tradicionalmente, o granito extráese en canteiras a ceo aberto mediante corte con fío diamantado, rozadoiras de brazo e de disco. Isto supón a creación de bancos sucesivos e descendentes, chamados bancadas.
Por termo medio, un 25 % do granito removido comercialízase en forma de bloque. As pezas que presentan algunha impureza apártanse para unha segunda proba de calidade. Aqueles bloques que aparecen lixeiramente fracturados divídense para obter perpiaños, bordos ou lastros.
Características físico-mecánicas Masa volumétrica: 2,61 g/cm³ Coeficiente de absorción: 0,30 % Resistencia mecánica á compresión: 1.149 kg/cm² Resistencia mecánica á flexión: 119 kg/cm² Resistencia ao desgaste: 1,00 mm. Resistencia ao impacto: 55 cm. Módulo de heladicidade: 0,04 %
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Variedades de pedra natural comercializada desde a Asociación de Graniteiros de Galicia Unha empresa de comercialización de granito Rosa Porriño: Ficha do produto Outra empresa: ficha do produto Variedades de pedra natural comercializada desde a Asociación de Graniteiros de Galicia
Categoría:Petroloxía Categoría:Minaría Categoría:O Porriño