A dos himenópteros, Hymenoptera, é unha grande orde de insectos caracterizados por posuíren ás membranosas, nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos.
O taxon inclúe, entre outros, as abellas, as avespas, o abesouros e as formigas. Probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo.
Hai descritas unhas 153 000 especies, aínda que probablemente o seu número é moito maior, distribuídas en 132 familias con 8 423 xéneros.
Tamén se coñecen máis de 2 000 especies extintas.Comunidad Virtual de Entomología - ¿Cuántos insectos existen en la península Ibérica?.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Hymenoptera Linnaeus, 1758 en BioLibcz.
Etimoloxía O nome científico Hymenoptera está formado pola unión dos elementos do latín científico hymen- e -pter, derivados, respectivamente, das voces do grego antigo ὐμην hymēn, "membrana", e πτερόν pterón, "á", coa adición dun -o- epentético e do sufixo -a, indicando plural.hymenoptera no Merriam-Webster Dictionary.hymenoptera no Online Etymology Dictionary.
Sinónimos Ademais de polo nome cuñado por Linneo a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:Hymenoptera no GBIF. Chalcidellia Girault, 1924 Harpophorus Agassiz, 1846
Clasificación A orde dos himenópteros dividiuse tradicionalmente en dúas subordes: Apocrita (apócritos) Symphyta (sínfitos)
Os apócritos presentan cintura (estreitamento que separa o tórax do abdome).
Os sínfitos carecen de cintura, e son un grupo parafilético.Hymenoptera en The Tree of Life.
Características miniatura|As formigas viven en comunidades
A maioría dos himenópteros teñen dous pares de ás transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificadas, en moitos casos, para absorberen o néctar das flores.
Moitas das especies son parasitas.
As femias presentan ao final do abdome unha estrutura para a posta de ovos, o ovipositor, que se converte nun aguillón velenoso nos grupos máis evolucionados.
As crías desenvólvense a través do holometabolismo (metamorfose completa), é dicir, pasan por unha etapa larval de verme e unha etapa de pupa inactiva antes de maduraren.
Sexo Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de cromosomas (determinación do sexo por haplodiploidía). Os ovos fecundados teñen dous xogos de cromosomas (de cada un dos gametos respectivos de cada pai) e convértense en femias diploides, mentres que os ovos non fecundados só conteñen un xogo (da nai), polo que dan lugar a machos haploides. O acto da fecundación está baixo o control voluntario da femia, o que lle dá a esta o control do sexo da súa descendencia. Como consecuencia, as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia.Howell, H. V.; Doyen, J. T. & Purcell, A. H. (1998): Introduction to Insect Biology and Diversity (2nd ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0-1951-0033-4, p. 320.
William Donald Hamilton formalizou o concepto da selección de parentesco que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Hymenoptera na ADW. Hymenoptera na EOL. Hymenoptera en The Tree of Life. Hymenoptera Linnaeus, 1758 en BioLibcz. Hymenoptera no ITIS.
Categoría:Taxons descritos por Linné