miniatura|Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, no día do seu casamento, en Buenos Aires. Unha voda, tamén chamada casoiro, casamento, esposorio, himeneo ou nupcias é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.
En Galiza En Galiza, tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo do século XXI a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano 2009 cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corte relixioso. En 2016 casaron en Galiza un total de 9 129 parellas, das que 6 879 (o 75,35%) o fixeron por medio de cerimonias civís e 2 250 (o 24,65%) seguiron o rito católico. miniatura|Foto do casamento de Xavier Prado Lameiro posando coa súa muller, Dolores Montes, en 1907. Ano Total de casamentos Rito civil Rito relixioso 1996 11 551 2 339 (20,25%) 9 212 (79,75%) 1998 11 866 2 682 (22,60%) 9 184 (77,40%) 2000 11 955 2 676 (22,38%) 9 279 (77,62%) 2002 11 472 3 121 (27,21%) 8 351 (72,79%) 2004 11 339 3 839 (33,86%) 7 500 (66,14%) 2006 11 024 4 506 (40,87%) 6 518 (59,13%) 2008 10 759 4 812 (44,73%) 5 947 (55,27%) 2010 9 675 5 292 (54,70%) 4 383 (45,30%) 2012 9 380 5 767 (61,48%) 3 613 (38,52%) 2014 8 687 5 856 (67,41%) 2 831 (32,59%) 2016 9 129 6 879 (75,35%) 2 250 (24,65%) Tendencia dos casamentos civís e relixiosos en Galiza entre (1996-2016)
O casamento na cultura popular galega Casaron a Pedro con Manoela; se ruín é el, ruín é ela. Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan. Día de casamento, día de contento. O día da voda deixade á noiva que se compoña. O día que me casei, boa cadea me botei. O día que te casas, ou te curas ou te matas. O día que te cases, ten coidado non te manques.
Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda. Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Divorcio
Categoría:Matrimonio