Matalobos é unha serie de suspense, acción e drama galega, emitida na TVG entre o 13 de abril de 2009 e o 15 de xaneiro de 2013, producida por Voz Audiovisual, que xira ao redor de varias familias relacionadas co narcotráfico, cuxa acción se desenvolve na vila ficticia de Sardiñeira. Os exteriores foron gravados na cidade da Coruña e arredores, como a parroquia de Sigrás (Cambre) ou o centro penitenciario de Teixeiro.

Características Os capítulos están dirixidos por Toño López e Jorge Saavedra Mancebo, con guións de Carlos Portela, Víctor Sierra, Jose Rubio, Alberto Guntín, Diego Ameixeiras, Denís López, Daniel D. García, Benigno López Moure, Roberto G. Méndez, Alba Varela e Cheché Carmona e con Luís Iglesia e Antonio Mourelos entre os protagonistas.

Nun inicio emitiuse nas noites dos luns (en substitución de Padre Casares), e dos martes.

A primeira tempada, de 22 episodios, emitiuse entre xaneiro e xuño de 2009, logrando situarse no terceiro posto da Clasificación dos programas galegos máis vistos, por detrás de Padre Casares e Libro de familia, posto que repetiu coa 2ª tempada (2009-10), de 26 capítulos, e que se emitiu entre xaneiro e xuño de 2010, aparecendo os martes pola noite.

Elenco

Principal Luís Iglesia (Carmelo Matalobos Torreiro) Carolina Vázquez (Bárbara Juve Boedo) María Mera (Vanesa Viaño Ugarte) Mariana Expósito (Xulia Gómez) Mónica Camaño (Fiscal Olaia Mosteiro Losada) Isabel Naveira (Tenente Eva Seijas) Manuel Cortés (Capitán Ernesto Ferreiro) Saamira Ganay (Cabo Otero) Alfonso Agra (Díaz) Monti Castiñeiras (Darío Vargas)

Abandonaron Fernando Morán (Arturo Campos Ulloa, falecido no capítulo 22) Daniel Lago Barreiro (Iván Matalobos Juve, falecido no capítulo 28) Mighello Blanco (Sarxento Rafael Ferreira Lagares, falecido no capítulo 37) Xosé Barato (Pedro Beira Martínez) Iago García (Capitán Marcos Matalobos Torreiro, falecido no capítulo 48) María Tasende (Sara Campos Valiño, falecida no capítulo 48) Marcos Viéitez (Lino Acevedo Lago, falecido no capítulo 57) Xabier Deive (Diego Dourado Fontán, falecido no capítulo 61) Camila Bossa (Adriana Calderón Arango, falecida no capítulo 61) Ricardo de Barreiro (Mateo Veloso García, falecido no capítulo 67) Marcos Orsi (Manuel "Zico" Gonçalves da Silva, falecido no capítulo 72) Olalla Salgado (Sarxento Alba Varela, faise pasar por Irene Sampedro Lareo, falecida no capítulo 73) Antonio Mourelos (Capitán Santiago Táboas Freire, falecido no capítulo 74) Salvador del Río (Pepe Viaño Senra) Rebeca Montero (Lola Ugarte Pereira) Artur Trillo (Lois Piñeiro Portela) Nuncy Valcárcel (Claudia Matalobos Torreiro) Milo Taboada (Sarxento Xan Cartelle Sáez) Luis Zahera (Comisario Alberto Guzmán, alias "Aníbal") Luísa Merelas (Carme Torreiro Folgar, falecida no capítulo 75) Daniel Currás (Pablo Aldariz "Pincho", falecido no capítulo 81) Maxo Barjas (Belén Oporto, falecida no capítulo 84) Santi Romay (Antón Iglesias, falecido no capítulo 86) Manuel Regueiro (Esteban Garrido Santos, falecido no capítulo 87)

Episódico Vicente de Souza (Gumersindo "Sindo" Veloso, falecido no capítulo 3) Rubén Riós (Salvador "Salva" Caaveiro) Sabela Gago (María) Rosa Álvarez (Milagros) Carlos Sante Varela (Víctor, falecido no capítulo 6) Guillermo Carbajo (Carlos) Josito Porto (Luís) Santi Prego (Fernando Otero) José Luis López Sacha (Milucho "O Roxo") Álex Quiroga (Néstor García, falecido no capítulo 14) Eduardo Alberto Rodríguez Cunha "Tatán" (Clemente) César Cambeiro (Miguel Saavedra) Mariana Carballal (Virxinia) Victoria Pérez (Paula) Xaquín Domínguez (Ramón) Carlos Fernández (Nano) Manuel Lourenzo (Xosé Louro, falecido no capítulo 26) Nerea Barros (Sandra) Nekane Fernández (Natalia) Brais Abad (Xurxo, falecido no capítulo 31) Pepe Penabade (Braulio) Déborah Vukusic (Rebeca) Roberto Leal (Paco) Marcos Correa (Xulio Barreiro) Marta Larralde (Raquel) Alberto Rolán (Tino) Domingo Rey (Don Gabriel) Sergio Zearreta (Xabier "Xabi" Baliño, falecido no capítulo 41) Rubén Mascato (Carlos Mahía, falecido no capítulo 43) Xan Cejudo (Teodoro Seijas, falecido no capítulo 44) Orlando Valenzuela (Mario Buendía) Xacobo Prieto (Bastida) Xavier Estévez (Tenente Rubén Cardia) Evaristo Calvo (Fiscal Martín Bueno) Xosé Manuel Olveira "Pico" (Xuíz Landrobe) Federico Pérez (Ricardo Loureiro) Fernando Tato (Cao) Xoel Yáñez (Suso) Uxía Gonzalvo (Bea) Samuel Blanco (Borja de la Fuente) Mario Bolaños (Beltrán) Xoel Fernández (Iago Iglesias, falecido no capítulo 62) Pepo Suevos (Pablo Couto Fernández, "O Ruso", falecido no capítulo 63) Nuria Guyón (Marta Ulloa) Paloma Ruiz de Alda (Katya) Antonio Durán "Morris" (Preso en illamento) César Goldi (Nico) Paulo Serantes (Dani Castelo) Iván Marcos (Méndez, falecido no capítulo 74) Sabela Arán (Camila Dubra, falecida no capítulo 75) Antón Belmonte (Breixo) Abigail Montiel (Garda Laura Ríos) Pablo Pose (Garda Pedro San Martín) Jorge Ricoi (Ignacio Rubín) Yelena Molina (Loli, falecida no capítulo 79) Xoán Carlos Mejuto (Tomé, falecido no capítulo 85) Pepe Barreira (Pepe Neira, falecido no capítulo 85) Joshua McCarey (Dirk Schooier) Lola Pérez (Lesta)

Capítulos e audiencias

A media total dos 87 capítulos é de 185.000 espectadores e un 17,4% de share. Desagregado por tempada: 1ª tempada: 213.000 espectadores (21,04% de share) 2ª tempada: 183.000 espectadores (17,39% de share) 3ª tempada: 183.000 espectadores (16,58% de share) 4ª tempada: 172.000 espectadores (15,19% de share) 5ª tempada: 156.000 espectadores (14,14% de share)

Premios e candidaturas (14 & 32) Premios Circom Ano Categoría Persoa/s Resultado2012Mellor ficción de televisión en EuropaGañadora'Matalobos', premio á mellor ficción da televisión en Europa

Premios Ondas Ano Categoría Persoa/s Resultado2009Mellor programa emitido por emisoras ou cadeas non nacionaisCandidato

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Persoa/s Resultado2009Mellor serie de televisiónGañadoraMellor interpretación masculina protagonistaLuís IglesiaNomeadoMellor interpretación feminina protagonistaLuísa MerelasNomeadaMellor interpretación masculina secundariaXabier DeiveNomeadoMellor interpretación feminina secundariaCamila BossaGañadoraMellor guiónCarlos PortelaVíctor SierraAlberto GuntínJosé RubioNomeadosMellor realizaciónToño LópezJorge Saavedra ManceboGañadoresMellor dirección artísticaAntonio PereiraNomeadoMellor deseño de vestiarioSaturnaNomeadaMellor maquillaxe e peiteadoNatalia ArcayBeatriz VázquezNomeadas2010Mellor serie de televisiónGañadoraMellor interpretación masculina protagonistaLuís IglesiaNomeadoMellor interpretación feminina protagonistaLuísa MerelasNomeadaCarolina VázquezNomeadaMellor guiónCarlos PortelaVíctor SierraAlberto GuntínJosé RubioNomeadosMellor realizaciónJorge Saavedra ManceboIván SeoaneGañadoresMellor dirección de produciónAna MíguezNomeada2011Mellor serie de televisiónGañadoraMellor interpretación masculina protagonistaLuís IglesiaNomeadoMellor interpretación feminina protagonistaLuísa MerelasNomeadaMellor interpretación masculina secundariaRicardo de BarreiroNomeadoXabier DeiveNomeadoAntonio MourelosGañadorMellor interpretación feminina secundariaCamila BossaGañadoraMellor guiónAlberto GuntínDaniel D. GarcíaBenigno LópezNomeadosMellor montaxeMarisol TorreiroPablo PazPablo MuñozNomeadosMellor realizaciónMarta PiñeiroJudas DizGañadoresMellor dirección de produciónPaula FernándezNomeadaMellor dirección de fotografíaX. Manuel NeiraPX.M. CaamañoNomeadaMellor deseño de vestiarioSaturnaNomeadaMellor maquillaxe e peiteadoCristina CoutoÓscar AramburuNomeadosMellor sonAlfonso CouceiroSanti JulIván LaxeNomeados2012Mellor serie de televisiónNomeadoMellor interpretación masculina protagonistaLuís IglesiaNomeadoMellor interpretación feminina protagonistaIsabel NaveiraNomeadaMellor guiónAlberto GuntínDaniel D. GarcíaBenigno LópezCheché CarmonaRoberto G. MéndezAlba VarelaGañadoresMellor dirección de arteAntonio PereiraÁngel AmaroNomeadosMellor dirección de fotografíaX. Manuel NeiraNomeadaMellor deseño de vestiarioSaturnaNomeadaMellor sonAlfonso CouceiroSanti JulIván LaxeNomeados

Outros Mención Especial da Garda Civil polo "rigor e a labor divulgativa realizada sobre o instituto armado""A Garda Civil distingue á serie «Matalobos»", artigo en La Voz de Galicia, 1 de outubro de 2009 (consultado o 14 de marzo de 2010).. Premios á Mellor imaxe en 2010 e 2012 para María Mera, que entregan os profesionais do gremio dentro do salón de peiteado e estética Imaxe.La actriz María Mera recibe en Ourense un premio por la imagen de su personaje en «Matalobos»

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da serie na TVG con todos os capítulos Páxina da serie Páxina da serie en culturagalega.org

Categoría:Matalobos Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes