Xosé Clemente López Orozco, nado en Fazouro (Foz) o 15 de setembro de 1947, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria miniatura|Orozco, en xuño de 2011.|esquerda É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Pontificia de Salamanca e doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela. Na década de 1970, traballou como mestre no IES de Viveiro e máis no IES Xoán Montes de Lugo (1972-77) para finalmente acadar a condición de catedrático de Filosofía no IES Lucus Augusti.

É militante socialista dende decembro de 1975 e membro da FETE-UXT dende 1981. Na actualidade é presidente da agrupación luguesa do PSdeG e membro da executiva nacional galega. Foi o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia entre 1987 e 1990, e membro do Consello Asesor da Televisión Española en Galicia entre 1990 e 1995.

Alcalde de Lugo Foi alcalde de Lugo tralas eleccións municipais de 1999, tras alcanzar un pacto de goberno co BNG, sendo o primeiro alcalde socialista da democracia na cidade. Nas eleccións municipais de 2003 foi reelixido alcalde ao lograr maioría absoluta con 13 concelleiros de 25. En 2007 revalidou a alcaldía, se ben baixou a 12 concelleiros e perdeu a maioría absoluta, polo que tivo que gobernar en minoría. En 2011 revalidou a alcaldía grazas ao apoio do BNG, gobernando con eles en coalición ata finais de 2012. Tralo Congreso Nacional do PSdeG de marzo de 2012 foi elixido Presidente da Executiva Nacional do partido, manténdose ata o Congreso Extraordinario de setembro de 2013.

Volveu a ser candidato nas eleccións municipais de 2015, precisando de novo o apoio doutros partidos para revalidala alcaldía. A presión dos demais grupos de esquerda, aducindo diversas imputacións xudiciais que lle afectaban, supuxo a súa renuncia como candidato en favor da súa número 2, Lara Méndez, a cal foi elixida alcaldesa. En 2021 resultou absolto de tódalas acusacións que pesaban sobre el.

Publicacións Homenaje a Ortega, en colaboración cos profesores de Filosofía de Lugo. El empleo: reto del momento, en la XIV Semana Galega de Filosofía. (1977)

Foi colaborador nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lugo

Ligazóns externas Blog de Xosé Clemente López Orozco Páxina web do Concello de Lugo

Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores do IES Lucus Augusti