Eric Arthur Blair, nado en Motihari (India) o 25 de xuño de 1903 e finado en Londres o 21 de xaneiro de 1950, foi un escritor inglés, máis coñecido co pseudónimo de George Orwell. É recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de dúas novelas fundamentais da literatura contemporánea: A revolta dos animais e 1984.

Traxectoria Estudou no Eton College de Inglaterra grazas a unha bolsa de estudos. En decembro de 1921 ingresa nunha academia de Southwold en Suffolk para prerapar o seu ingreso na policía. Prestou os seus servizos na Policía Imperial India destinado en Birmania, de 1922 a 1927, data en que volveu a Inglaterra.

Enfermo e loitando por abrirse camiño como escritor, viviu varios anos na pobreza, primeiro en París e máis tarde en Londres. Como resultado desta experiencia escribiu o seu primeiro libro Down and Out in Paris and London (1933), onde relata as sórdidas condicións de vida das xentes sen fogar. Burmese Days (1934), un feroz ataque contra o imperialismo, é tamén en gran medida unha obra autobiográfica. A súa seguinte novela, A Clergyman's Daughter (1935), conta a historia dunha solteirona infeliz que atopa de xeito efémero a súa liberación vivindo entre os labregos.

En 1937, durante a Guerra civil española, Orwell loitou na fronte de Aragón coa 29ª División, formada pola milicia do POUM trotskista. Durante a ofensiva de Huesca recibiu un balazo na gorxa, o que o obrigou a retirarse da guerra. Despois pasa seis meses en Marrocos para recuperarse da ferida. O autor describe a súa experiencia bélica en Homage to Catalonia (1938), un dos relatos máis conmovedores escritos sobre esta guerra e no que se fai responsable ó Partido Comunista de España (PCE) e á Unión Soviética da destrución do anarquismo español que supuxo o triunfo das tropas de Franco. The Road to Wigan Pier (1937), escrita nesta mesma época, é unha crónica desgarradora sobre a vida dos mineiros sen traballo no norte de Inglaterra.

A súa condena da sociedade totalitaria queda brillantemente plasmada nunha enxeñosa fábula de carácter alegórico, Rebelión na granxa (1945), baseada na traizón de Stalin á Revolución Rusa, así como na novela satírica 1984 (1948). Esta última ofrece unha descrición estarrecedora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán". Cabe citar entre outros escritos, a novela Keep the Aspidistra Flying (1936) e Shooting an Elephant (editado en 1950 xunto con outros ensaios), ambas consideradas modelos da prosa descritiva, e unha recompilación de ensaios editada en 1953, como un recordo dos seus difíciles anos de estudante. En 1968 publicáronse en catro volumes os seus Ensaios Completos: Periodismo e Cartas. Orwell morreu de tuberculose en xaneiro de 1950.

Bibliografía Unicamente Animal Farm está traducido ó galego por Antón López Dobao. Foi publicada por Edicións Positivas en 1992 como A revolta dos animais. Unha historia fantástica.

Libros Down and Out in Paris and London (Sen un can en París e Londres, 1933) texto en inglés Burmese Days (Días en Birmania, 1934) texto en inglés A Clergyman's Daughter (A filla do reverendo, 1935) texto en inglés Keep the Aspidistra Flying (Que voe a Aspidistra, 1936) texto en inglés The Road to Wigan Pier (O camiño a Wigan Pier, 1937) texto en inglés Homage to Catalonia (Homenaxe a Cataluña 1938) texto en inglés Coming Up for Air (Collendo aire, 1939) texto en inglés Animal Farm (A revolta dos animais. Unha historia fantástica, 1945) texto en inglés Nineteen Eighty-Four (1984, 1949) texto en inglés

Ensaios A Nice Cup of Tea (1946) texto en inglés A Hanging (1931) texto en inglés Shooting an Elephant (Disparando ó elefante, 1936) texto en inglés Charles Dickens (1939) texto en inglés Boys' Weeklies (1940) texto en inglés Inside the Whale (Dentro da balea, 1940) texto en inglés The Lion and The Unicorn: Socialism and the English Genius (1941) texto en inglés Wells, Hitler and the World State (1941) texto en inglés The Art of Donald McGill (1941) texto en inglés Looking Back on the Spanish War (1943) texto en inglés W. B. Yeats (1943) texto en inglés Benefit of Clergy: Some notes on Salvador Dali (1944) texto en inglés Arthur Koestler (1944) texto en inglés Notes on Nationalism (1945) texto en inglés How the Poor Die (1946) texto en inglés Politics vs. Literature: An Examination of Gulliver's Travels (1946) texto en inglés Politics and the English Language (1946) texto en inglés Second Thoughts on James Burnham (1946) texto en inglés Decline of the English Murder (1946) texto en inglés Some Thoughts on the Common Toad (1946) texto en inglés A Good Word for the Vicar of Bray (1946) texto en inglés In Defence of P. G. Wodehouse (1946) texto en inglés Why I Write (1946) texto en inglés The Prevention of Literature (1946) texto en inglés Such, Such Were the Joys (1946) texto en inglés Lear, Tolstoy and the Fool (1947) texto en inglés Reflections on Gandhi (1949) texto en inglés Bookshop Memories (1936) texto en inglés The Moon Under Water (1946)

Poemas "Romance" (1925) texto en inglés "A Little Poem" (1936) texto en inglés

Véxase tamén

Ligazóns externas The Chestnut Tree Cafe - George Orwell preguntas Obras completas de George Orwell "Why I Write" Ligazóns de George Orwell Filmes baseados nas novelas de Orwell na Internet Movie Database Dicionario "Newspeak" Students for an Orwellian Society

Categoría:Ensaístas Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Bihar Categoría:Finados en 1950 Categoría:Finados por tuberculose