miniatura|Sede do Consello Rexional en Alon Shvut O Consello Rexional de Gush Etzion é un Consello Rexional de Israel que administra os asentamentos da rexión de Gush Etzion, ao sueste de Xerusalén. Segundo o Instituto Central de Estatística os 19 asentamentos posúen unha poboación de 13000 habitantes (2006).
Xeografía Os asentamentos localízanse nunha área montañosa a 900 metros sobre o nivel do mar, debido á altura o clima no inverno é moi frío e chuvioso, nevando frecuentemente. Os límites da competencia do Consello Rexional son polo norte a cidade de Xerusalén e o Consello Rexional de Mateh Binyamin, polo sur as cidades de Hebrón e Kiryat Arba así como o Consello Rexional de Har Hebrón, polo oeste o Val de Elah e polo leste o deserto de Xudea. miniatura|O carballo solitario no asentamento de Alon Shvut, converteuse nun símbolo dos asentamentos da rexión e aparece no emblema do Consello Rexional Historia O primeiro asentamento en Gush Etzion foi Migdal Eder, fundárono en 1927 un grupo de xudeus ortodoxos de Xerusalén e algunhas familias xudías procedentes do Iemen, esta comunidade desapareceu despois dos disturbios palestinos de 1929. O empresario Shmuel Holtzmann mercou terras para establecer de novo asentamentos permanentes na zona, en 1934 estableceu o de Kfar Etzion pero foi abandonado durante a revolta árabe en Palestina 1936-1939. En 1945, un grupo de mozos que chegaran da Europa Oriental antes da segunda guerra mundial estableceron un novo asentamento, Mesu'ot Yitzhaken, en memoria dos falecidos polo Holocausto, en 1946 estableceuse o kibbutz Ein Tzurim, e en 1947 o de Revadim. Os asentamentos desapareceron como consecuencia da Guerra Árabe-Israelí de 1948. Despois da ocupación israelí do territorio como consecuenca da Guerra dos Seis Días comezou o proceso para crear novos asentamamentos na área.
Asentamentos miniatura|Asentamento de Kfar Eldad Alon Shvut Bat Ayin Carmei Tzur Gvaot Elazar Har Gilo Kfar Etzion (kibbutz) Migdal Oz (kibbutz) Neve Daniel Rosh Tzurim (kibbutz) Ibei Hanachal Kedar Kfar Eldad Ma'ale Amos Ma'ale Rehav'am Metzad Nokdim) Pnei Kedem Tekoa
Categoría:Consello rexional de Gush Etzion