Akihito (明仁), nado o 23 de decembro de 1933, foi o emperador do Xapón dende o 7 de xaneiro de 1989, entronizado o 12 de novembro de 1990, ata a súa abdicación o 30 de abril de 2019. Akihito é o fillo máis vello de Hirohito e Nagako, separado dos seus pais e educado por preceptores ata que en 1940 ingresou na escola Gakushuin.

Nome Durante o seu reinado, era chamado só polo seu título, Tennō Heika (en ), que pode acurtarse como Tennō (o Emperador) ou Heika (a Súa Maxestade). O período do reinado de Akihito, entre 1989 e 2019, recibe o nome de era Heisei; segundo o costume tradicional, tras o seu pasamento, Akihito pasará a denominarse oficialmente emperador Heisei (en ) como 125º emperador do Xapón, por orde do Gabinete.

Tras a súa abdicación, é común referirse a el como Jōkō, que significa "emperador emérito".

Traxectoria Quinto fillo e maior dos varóns do Emperador Shōwa (Hirohito) e da Emperatriz Kōjun (Nagako). Foi separado dos seus pais aos trece anos, e recibe o título de príncipe Tsugu (継宮 Tsugu no miya). Akihito foi educado por preceptores privados e estudou entre 1940 e 1952 na Escola Superior Gakushuin de Tokyo. Durante o bombardeo de Tokyo en marzo de 1945, foi evacuado da cidade xunto co seu irmán máis novo, o príncipe Masahito (que desde esa época leva o título de príncipe Hitachi). Baixo a ocupación estadounidense trala segunda guerra mundial, Elizabeth Gray Viningel deulle clases de inglés. Durante un breve período estuda no departamento de Ciencias Políticas da Escola Superior Gakushuin.

Akihito foi investido como príncipe herdeiro (立太子の礼 Rit'taishi no Rei) no Palacio Imperial o 10 de novembro de 1952. En xuño de 1953, foi o encargado de representar ao Xapón na coroación da raíña Isabel II do Reino Unido.

Reinado Descendencia miniatura|dereita|Akihito coa emperatriz Michiko Príncipe Herdeiro Naruhito (23 de febreiro de 1960 - ) Aiko, Princesa Toshi (1 de decembro de 2001 - ) Príncipe Fumihito (30 de outubro de 1965 - ) Princesa Mako (23 de outubro de 1991 - ) Princesa Kako (29 de decembro de 1994 - ) Príncipe Hisahito (6 de setembro de 2006 - ) Princesa Sayako (18 de abril de 1969 - )

miniatura|dereita|Akihito, á dereita, con Dick Cheney en 2007

Notas

Categoría:Emperadores do Xapón Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1933