La semana del asesino é unha película dramática española de 1972 dirixida por Eloy de la Iglesia e escrita por Eloy de la Iglesia e Antonio Fos. Foi estreada o 22 de abril de 1972 en España.
Sinopse Marcos, un xove traballador dunha sala de despece que vive co seu irmán Esteban nunha chabola que herdaron da súa nai colle un taxi pola noite xunto coa súa moza, Paula. Ten unha discusión co taxista ao que mata dunha pedrada. Tras este crime, vese chamado a matar, un tras outro, durante unha tráxica semana, a tódolos que para el representan unha ameaza.
Unha semana é tempo suficiente para facer dun home normal o máis perigoso, agresivo, e enfermizo asasino. O medo, o temor constante a ser descuberto, é a causa principal pola que se suceden os crimes máis brutais. Un xesto, unha palabra, unha mirada, calquera cousa pode converter un inocente en vítima. Tan só é necesario que se lle crea coñecedor dos feitos. As sucesivas mortes, o cotián terror, o derramado sangue, son as testemuñas permanentes que acurralan, ao fin, a conciencia dun paranoico criminal.
Personaxes Vicente Parra — Marcos Eusebio Poncela — Néstor Emma Cohen — Paula Charly Bravo — Esteban Vicky Lagos — Rosa Fernando Sánchez Polack — Señor Ambrosio Lola Herrera — Carmen Ismael Merlo — Xefe de persoal Goyo Lebrero — Taxista
Ligazóns externas Páxina da película en IMDb
Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes en lingua castelá