O Aeroporto de Pescara AIP de Italia - AD 2 LIBP 1-1, consultado o 25 de abril de 2006 (en italiano Aeroporto di Pescara), hoxe denominado Aeroporto Internazionale d'Abruzzo, é un aeroporto próximo a Pescara, Italia. Trátase do aeroporto principal de ItAli Airlines.
O aeroporto está localizado a uns 4 km do centro de Pescara. A uns 180 km de Roma, a 2 horas de condución en coche, por unha rápida autoestrada que, cruzando os Apeninos tamén permite gozar das vistas.
Hai taxis dispoñibles ás aforas da zona de chegadas. A viaxe ata a estación central de trens de Pescara costa uns 15 euros. Hai un autobús (o número 38) que parte do aeroporto ao centro da cidade cada 15 minutos (1 euro a tarifa ordinaria).
O acceso directo á rede de autovías nacionais permite dirixirse ás principais cidades de Italia.
Historia En 1973 o historiador Bruce Barrymore Halpenny que vivía en Abruzzo organizou o voo dun British Caledonian cun BAC 111 que engalaba en Xénova cara Pescara para que efectuase probas de voo dun avión comercial de grandes dimensións na aproximación e aterraxe en Pescara.Abruzzo - Londres: case unha realidade Il Tempo - D'Abruzzo, editor Gianni Letta, 27 de outubro de 1973 - N. 294 Co piloto ao mando do British Caledonian, un antigo piloto da RAF e Halpenny (tamén antigo piloto da RAF) a bordo as manobras culminaron sen problemas; abríndose de inmediato o aeroporto e a rexión ao turismo. Halpenny conseguiu que un BAC 111 de British Caledonian engalase desde Londres Gatwick e voase a Pescara, con regreso despois a Gatwick. Os voos comerciais eran agora posibles.
Aeroliñas e destinos
Estatísticas Aeroporto de Pescara|miniatura Estatísticas para o Aeroporto Internazionale d'Abruzzo. + Ano Total pasaxeiros Total operacións 1996 71 908 4 052 1997 72 962 4 618 1998 104 000 6 390 1999 105 500 6 310 2000 114 024 9 940 2001 153 227 6 675 2002 295 875 11 559 2003 301 773 10 932 2004 334 998 10 075 2005 350 447 10 339 2006 340 699 12 139 2007 374 247 12 085 2008 402 845 11 128 2009 409 045 9 773 2010 461 086 7 971 2011 550 062 7 827 2012 563 187 8 284
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do aeroporto
Pescara, Aeroporto de