Tsuyama (津山市, つやまし, Tsuyama-shi) é un concello da prefectura de Okayama no Xapón. Está situado ó norte da prefectura, na área da provincia histórica de Mimasaka, na parte de San'yō da rexión de Chūgoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 506,36 km², a poboación é de 107.965 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 213 h/km².
O concello de Tsuyama limita cos concellos de Maniwa, Kagamino, Nagi, Shōō, Misaki (que son de prefectura de Okayama); Tottori e Chizu (que son de prefectura de Tottori). Tsuyama é a terceira cidade da prefectura.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Tsuyama .
Categoría:Prefectura de Okayama Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de San'yō